InicioEconomíaA Deputación calcula que case 2.500 persoas viaxaron nos catamaráns da Ribeira...

A Deputación calcula que case 2.500 persoas viaxaron nos catamaráns da Ribeira Sacra

A institución provincial mantivo en funcionamento as tres embarcacións de xeito ininterrompido desde o luns 30 de marzo ata o domingo 5 de abril.

PUBLICADA O

- Advertisement -

 

Máis de 2.400 persoas participaron esta Semana Santa nas rutas fluviais que a Deputación de Lugo opera pola Ribeira Sacra. O bo tempo favoreceu a participación dos visitantes nos percorridos polo curso dos ríos Miño e Sil entre o 29 de marzo e o 5 de abril. A institución provincial mantivo en funcionamento as tres embarcacións de xeito ininterrompido desde o luns 30 de marzo ata o domingo 5 de abril.

Na ruta que parte do embarcadoiro de Ponte do Sil, o catamarán Mencía e o monocasco Canon do Sil realizaron viaxes en horario de mañá e tarde. E desde o embarcadoiro de Belesar, o catamarán Pelegrín partiu todos os días ás 11:30 e ás 16:00 horas.

A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, destacou que “un ano máis, durante a Semana Santa, as nosas rutas fluviais pola Ribeira Sacra contaron cunha moi boa acollida, un claro reflexo da calidade deste servizo público e do seu impacto na dinamización económica, social e turística da comarca”.

Subliñou que “este é un ano clave para a Ribeira Sacra, coa súa candidatura a Patrimonio da Humanidade, unha iniciativa que a Deputación apoia con firmeza e compromiso. O noso impulso a estas rutas fluviais demostra que estamos decididos a poñer en valor os recursos do noso territorio, a fortalecer o sector turístico e a garantir que a Ribeira Sacra siga crecendo como referente de patrimonio, cultura e desenvolvemento sostible”.

Durante o resto de abril, o catamarán Mencía navegará de mércores a domingo, en horario de mañá e tarde, pola ruta Canón do Sil, e no caso de Cabo do Mundo haberá viaxes nos fins de semana tamén en horario de mañá e tarde. A institución provincial reforzará os horarios en ambas rutas na ponte do 1 de maio pola festividade do Traballo. As persoas interesadas poden adquirir os billetes na web: reservas.rutasembalses.es.

+ posts

ÚLTIMAS

Ximena Cheda presenta a súa candidatura para encabezar Podemos Lugo nas municipais

A portavoz do Círculo de Podemos Lugo, Ximena Cheda, anunciou a súa candidatura para...

Unha colisión entre unha furgoneta e un camión deixa un ferido atrapado en Castro de Rei

O condutor dunha furgoneta resultou ferido este venres nun accidente de tráfico rexistrado na...

Candia recibe o Cónsul Xeral de Portugal en Galicia para abordar novas vías de colaboración con Lugo

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, e o concelleiro de Turismo e Museos, recibiu...

O antigo colexio do Sagrado Corazón xa é dos lucenses trala sinatura hoxe da acta de expropiación

O antigo colexio do Sagrado Corazón volve ser desde hoxe dos lucenses. Desde as...