InicioSucesosPor fin xustiza para o dobre crime do Ceao, aínda que 30...

Por fin xustiza para o dobre crime do Ceao, aínda que 30 anos despois

O único procesado polo dobre crime do Cash Record será xulgado en 2023, case 30 anos despois.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O único procesado polo dobre crime do Cash Record perpetrado no Ceao, en Lugo, o 30 de abril de 1994, será xulgado en 2023, case 30 anos despois de que se producise o dobre asasinato.

En concreto, a Audiencia acordou confirmar o auto de conclusión do sumario e acordar a apertura do xuízo oral respecto ao procesado, un hostaleiro que agora reside en Burgos e que, cando se produciron os feitos, en 1994, rexentaba un bar no centro da cidade de Lugo.

Carmen Balfagón, unha das avogadas das familias de Elena López e Estebán Carballedo, caixeira e repoñeedor asasinados na nave do Cash Record, celebrou que finalmente se celebre xuízo e que vaia a haber “unha persoa sentada no banco dos acusados”.

“Despois de case 29 anos, xa lle tocaba a este xuízo, que se puxese un punto aproximándose ao final porque son moitos anos. Na historia da xustiza española, eu creo que é un caso único o dobre asasinato do Cash Record, de Elena e Estebán. Un caso único que tardou moitos anos en instruírse”, lamentou.

Con todo, aproveitou para “encomiar á Audiencia Provincial de Lugo, que vén de solicitar un auto de procesamiento contra o único imputado que hai”. A avogada ve ao hostaleiro vinculado con “dous asasinatos, roubo con violencia (o autor ou autores levaron un botín de cinco millóns das antigas pesetas) e tenencia ilícita de armas”, co que a petición de prisión podería superar os 30 anos.

“Foi unha instrución moi longa e unha investigación bastante mellorable”, incidiu Carmen Balfagón, quen descoñece a data “exacta” para o xuízo que se vai a celebrar o próximo ano. Tamén se queixou das “moitas neglixencias” baixo as que, ao seu xuízo, viuse envolvida a investigación.

ÚLTIMAS

Chuvia, neve e temperaturas baixo cero na montaña de Lugo

Os termómetros volvéronse a esborrallar na madrugada deste martes ata valores negativos na maior parte...

Convenio entre Deputación e os 67 concellos da provincia para modernizar o padrón da man do INE

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asinou este martes, no Pazo...

Os socialistas e o Concello de Lugo esixen á Xunta un compromiso plurianual para o Museo da Romanización

O Concello de Lugo e o PSdeG avanzaron que esixirán á Xunta un compromiso...

Morre nun parque de Lugo un home de 37 anos tras ser atopado semiiconsciente

Un home de 37 anos faleceu o sábado pola mañá en Lugo tras ser atopado...