InicioSucesosUn condutor ten un accidente en Lugo e denúnciano por non facer...

Un condutor ten un accidente en Lugo e denúnciano por non facer o curso de reeducación tras a retirada do carné

O home poderíase enfrontar a unha multa de 500 euros e á retirada de seis puntos do carné.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un condutor sufriu unha saída de vía en Lugo que se saldou cos cinco ocupantes do coche feridos leves. Tras acudir ao lugar, a Policía Local comprobou que non realizara o curso obrigatorio de reeducación despois de que llo retiraran por unha condena.

Foi na rúa do Peto, onde o vehículo se saíu da estrada e chocou contra un poste de telefonía. Como consecuencia do sinistro, apunta o corpo municipal, resultaron lesionados os cinco ocupantes, aparentemente de carácter leve.

Tras realizar as comprobacións correspondentes, a Policía Local denunciouno por conducir de forma temeraria e por non realizar o curso obrigatorio de reeducación tras unha condena pola que fora privado do permiso para conducir.

Así mesmo, dentro dos operativos para velar pola seguridade viaria, o corpo local realizou varios controis de velocidade e denunciou a un total de 28 vehículos por exceder a máxima permitida, un deles por circular a 71 quilómetros por hora nunha zona limitada a 30. O condutor poderíase enfrontar a unha multa de 500 euros e á retirada de seis puntos do carné.

Os axentes tamén sorprenderon un home que manexaba o seu vehículo despois de perder a vixencia do permiso por perda de aptitudes psicofísicas. Foi denunciado e inmobilizóuselle o automóbil.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación non colabora na Vuelta a España feminina e desminte ao PP provincial de Lugo

A Deputación de Lugo enviou un comunicado aos medios en resposta ao PP provincial....

O PP critica que PSOE e BNG escolleran a Tomé para representar á Deputación na presentación da Volta a España feminina

Os deputados do Grupo Provincial Popular critican a decisión que onte tomaron PSOE e...

Suspenden o xuízo contra nove persoas acusadas de estafar 400.000 euros

O xuízo previsto para este martes na Audiencia Provincial de Lugo contra nove persoas...

Escarceran unha persoa tras envorcar o seu vehículo en Pol

Unha persoa tivo que ser excarcerada este martes tras envorcar o vehículo no que...