InicioSociedadeO pai da nena asasinada en Muimenta urxe a resolución do TSXG...

O pai da nena asasinada en Muimenta urxe a resolución do TSXG polo recurso da nai

Ana Sandamil foi condenada a prisión permanente revisable, un castigo que o pai da nena agarda que se manteña.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O pai de Desirée Leal, a nena asasinada en maio de 2019 en Muimenta pola súa nai, Ana Sandamil, urxiu este mércores a resolución do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) en relación ao recurso presentado pola muller contra a condena a prisión permanente revisable que lle impuxo a Audiencia Provincial.

José Manuel Leal aprema ao fallo do tribunal galego, e así parafraseou un refrán, no sentido de que “o que espera desespera”, tras case un mes desde que se sometese a análise dito recurso.

O pai de Desirée lembrou que a nai da súa filla foi condenada a prisión permanente revisable e espera que o castigo “se manteña”. “Pero aí está a incerteza e pensando no futuro, porque quedaría o Tribunal Supremo”, dixo. De feito, deu por feito que Sandalmil recorrerá ante o Supremo porque “non ten nada que perder”.

+ posts

ÚLTIMAS

O musical infantil ‘La Sirenita’ chega a Lugo

Lugo acolle esta fin de semana un espectáculo que fará gozar ao público familiar....

Falece un home nun accidente de coche en Láncara

Un home faleceu ao envorcar o vehículo que conducía pola LU-621, á altura do...

O PP de Lugo denuncia que o PSOE ten “unha estratexia de ocultación” de casos de violencia e acoso sexual

O portavoz provincial do PP en Lugo, Antonio Ameijide, denunciou este mércores o que...

O goberno local de Lugo anuncia 6 puntos de recarga para vehículos eléctricos

O concelleiro de Mobilidade, Antonio Ameijide, e a concelleira de dinamización económica e relacións...