InicioSucesosEvacuado un mozo bébedo tras declararse un incendio na vivenda na que...

Evacuado un mozo bébedo tras declararse un incendio na vivenda na que se atopaba en Lugo

Unha nonaxenaria trasladada ao hospital tras ser rescatada do interior da súa vivenda

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un mozo tivo que se trasladado ao Hospital Lucus Augusti (HULA), o pasado sábado, ao verse afectado o fume derivado do incendio na vivenda na que se atopaba na Ronda das Fontiñas.

Segundo explicou nun comunicado o Concello de Lugo, os efectivos da Unidade Territorial de Policía de Barrio requiriron a presenza dunha ambulancia do 061 que trasladou ao Hospital Lucus Augusti (HULA) ao único ocupante do piso.

O mozo foi afectado o fume e tivo que ser rescatado do interior dunha das estancias da vivenda, polos bombeiros. Posteriormente, comprobaron que o home presentaba unha alta taxa de alcol en sangue.

Mentres se realizaban os traballos de extinción de incendios o tráfico tivo que se cortado nunha das calzadas da vía. Tras extinguir o incendio que afectou á cociña, “causando danos de importancia”, o piso quedou precintando e os propietarios do inmoble foron advertidos, segundo informou o Concello.

UNHA MULLER DE 90 ANOS TRASLADADA Ao HOSPITAL

Na mañá do pasado domingo, a Policía de Barrio, trasladouse ata unha vivenda da rúa Xulia Minguillón tras recibir o aviso de que unha persoa, de 90 anos de idade, caera e era incapaz de levantarse.

Unha vez no lugar os axentes atópanse coa persoa que os chamou a neta da muller, que segundo lles indicou, atopábase no interior da vivenda, no chan, incapaz de facilitar o acceso.

Ante isto, os axentes alertaron aos bombeiros que accederon ao interior do inmoble por unha xanela e facilitaron o acceso ao domicilio tanto aos axentes como aos servizos sanitarios, que trasladaron á muller ao Hospital Lucus Augusti (HULA).

ÚLTIMAS

Investigados dous lucenses tras atopar un can abandonado que fora dado de baixa por falecemento

A Garda Civil investiga a dous veciños das localidades lucenses de Castroverde e do Corgo como supostos autores...

Declaran extinguido o incendio da Fonsagrada tras queimar 65 hectáreas

O incendio do municipio lugués da Fonsagrada quedou extinguido na tarde...

Greenfiber quere mostrar a empresarios de Lugo a achega de Altri á economía local

A sede da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) e Cámara de Comercio de...

A muller de Lugo que denunciou á súa ex parella declara que tentaba forzala “todas as noites”

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este xoves o xuízo contra un home de...