InicioSociedadePreto de 33.000 familias de zonas rurais de Lugo accederán a fibra...

Preto de 33.000 familias de zonas rurais de Lugo accederán a fibra óptica antes de que acabe 2024

O Goberno investirá 12,3 millóns de euros nesta acción.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Preto de 33.000 familias que residen en zonas illadas e dispersas da provincia de Lugo terán acceso a Internet de alta velocidade. Segundo informou a empresa de telecomunicacións Adamo, trátase de veciñanza que agora conta cun sinal de baixo rendemento ou que, directamente, carece de conexión.

Así o comunicou o Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital a semana pasada, ao facer público o resultado provisional da segunda convocatoria do Programa Único-Banda Ancha, financiado polo fondo Next Generation EU e dentro do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

O Goberno investirá 12,3 millóns de euros nesta acción para a que tamén se atraerán 5,2 millóns de capital privado ata alcanzar os 17,5 de orzamento total. O prazo para a instalación comezará unha vez que a resolución sexa firme e finalizará o 31 de decembro de 2024.

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo pecha os parques ante a alerta amarela por vento

O Concello de Lugo procederá a pechar os parques a partir das 11.00 horas...

Lugo convértese no epicentro do cine galego cunha ambiciosa programación previa aos Premios Mestre Mateo

A Academia Galega do Audiovisual deu a coñecer en Lugo o programa de actividades...

Lugo aproba o anteproxecto de orzamentos locais previstos para 2026

A Xunta de Goberno local celebrada este mércores en Lugo deu o visto e...

Manteñen a pena de 26 anos para o autor do asasinato da lucense Cristina Cabo

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a condena contra o home...