InicioSociedadeO BNG denuncia "pasividade" do Goberno ante o "perigo" viario nos accesos...

O BNG denuncia “pasividade” do Goberno ante o “perigo” viario nos accesos á N-640 en Riotorto

Néstor Rego critica que o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana (Mitma) asegure que "non se encargará das obras".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O BNG denunciou a “pasividade do Goberno central ante o perigo” nos accesos da N-640 no municipio lucense de Riotorto. Segundo informou a formación nacionalista nun comunicado, estes accesos á estrada nacional son desde a LU-P-5503 e a LU-P-550 tras recoñecer, nunha resposta por escrito a preguntas feitas polo BNG, que o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana (Mitma) “non se encargará das obras”.

Así, o deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, sinalou que o Goberno do Estado “está a eludir as súas responsabilidades ante as queixas e denuncias reiteradas por parte dos veciños”. Desta forma, Rego reclamou ao Executivo de Pedro Sánchez iniciar as actuacións necesarias para garantir o tránsito seguro das persoas nestes accesos e rexistrou preguntas no Congreso para que o Goberno explicase as actuacións previstas para mellorar a seguridade nos accesos á nacional.

Así mesmo, segundo lembrou o BNG esta iniciativa xorde despois de que, no 2013, os veciños de Santa Comba de Órrea, no concello de Riotorto, deron a coñecer á Xefatura da Unidade de Estradas do Estado en Lugo o “mal estado dos accesos na N-640 desde a LU-P-5503 e a LU-P-550”.

“A asociación de veciños trasladaba a preocupación xeral polo perigo na estrada e saída destas dúas vías a N-640, titularidade da Administración Xeral do Estado. Reclámase que se iniciasen as xestións necesarias para que o acceso fose reformado para poder facer un uso seguro nos dous sentidos da marcha” explicou o deputado nacionalista.

Ante isto, incidiu en que a asociación “non recibiu resposta” a ningunha das súas comunicacións e peticións.

“FALTA DE INFORMACIÓN E OPACIDADE”

O BNG, “ante a falta de información e a opacidade do executivo“, recolleu a demanda da veciñanza e trasladouna ao Ministerio para coñecer as previsións de actuación nese acceso e reclamar a mellora para garantir o tránsito seguro das persoas que circulan nese tramo.

“A nosa sorpresa é que o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana responde abertamente afirmando que non se encargará das obras para mellorar os accesos. Isto constitúe unha clara elusión das súas responsabilidades”, denunciou Rego.

Finalmente, incidiu en que o Goberno central “debe de levar a cabo un estudo para coñecer as malas condicións dos accesos e redactar un proxecto para a adecuación e mellora da seguridade neles”.

+ posts

ÚLTIMAS

Alertan de danos inminentes en bens arqueolóxicos de Parada, en Outeiro de Rei

Mariña Patrimonio vén de poñer en coñecemento da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural a...

O concello de Lugo analiza unha reorganización das concellerías tras a entrada de Eugenia Iglesias como edil

Eugenia Iglesias Vargas será a nova concelleira do Concello de Lugo, incorporándose á corporación...

Os ‘populares’ sinalan a obriga de abrir a residencia de Becerreá como un golpe para PSOE e BNG

O portavoz do PP na Deputación de Lugo, Antonio Ameijide, sinala que "a condena...

Os exames oficiais Trinity de inglés celebraranse na UNED de Lugo

A UNED de Lugo acollerá o vindeiro mes de xuño unha nova convocatoria dos exames oficiais Trinity...