InicioPolíticaA Xunta avanza que o proxecto para concluír a rolda este de...

A Xunta avanza que o proxecto para concluír a rolda este de Lugo sairá a información pública neste 2022

Tratarase dunha sección de calzada de dous carrís, unha autovía urbana, con mediana e con diversas estruturas específicas dada a topografía do lugar.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Méndez, avanzou que o proxecto para acometer as obras que finalicen a rolda este de Lugo sairá a información pública antes de que acabe este ano 2022.

Así o confirmou na Comisión 2ª de Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos do Parlamento de Galicia, onde compareceu a petición do grupo popular.

Menéndez explicou que se trata de 2,8 quilómetros entre a estrada da Fonsagrada e o Nacional V, “o treito que falta para pechar o recinto de circunvalación de Lugo”. “O primeiro tramo xa está en marcha e en 2022 contábase cunha partida orzamentaria específica para avanzar, que terá continuidade agora coa dotación plurianual necesaria”, explicou.

Tratarase dunha sección de calzada de dous carrís, unha autovía urbana, con mediana e con diversas estruturas específicas dada a topografía do lugar que, esperan, reduza ao mínimo o impacto paisaxístico.

Desta “actuación prioritaria”, tal e como a definiu o director xeral, xa está definida a nova proposta de trazado, que supervisan técnicos da Axencia Galega de Infraestruturas “para sometela a información pública a efectos da Lei de Estradas e de expropiacións antes de que finalice o ano”.

Na primavera de 2023 espérase, apunta, que se aprobe o expediente de información pública e o proxecto de trazado, “aínda que serán necesarios os informes das administracións afectadas, que esperamos que sexan áxiles”.

Así, a mediados do ano que vén convocaríanse os levantamentos de actas previas e a ocupación das expropiacións, “mentres se traballa no proxecto de construción para poder proceder á licitación das obras”. A dotación orzamentaria, sinala tamén, permitirá afrontar o custo das expropiacións, valoradas no proxecto en dous millóns de euros.

ÚLTIMAS

A Audiencia de Lugo xulgará unha muller por suposta estafa a través de SMS en Vilalba

A Audiencia Provincial de Lugo xulgará o vindeiro martes a unha muller para a...

Identificado un grupo de motoristas por circular a gran velocidade por Lugo, un deles a 160 km/h nunha zona de 70

A Garda Civil de Lugo identificou a varios motoristas que circulaban superando "amplamente" os límites de...

A Fundación Reina Sofía realizará unha restauración forestal na Serra do Courel, afectada polos incendios de 2022

A Fundación Reina Sofía anunciou que realizará, en colaboración coa Xunta e a dirección...

O acusado de matar a Cristina Cabo: “Empatizo coa familia”

"Pido perdón polo que fixen, á súa familia e a todas as mulleres". Con...