InicioSucesosA actuación dos servizos de emerxencia fai que unha furgoneta non caia...

A actuación dos servizos de emerxencia fai que unha furgoneta non caia a un precipicio en Sober

Os catro ocupantes do vehículo resultaron ilesos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os servizos de emerxencia rescataron a catro membros dunha familia, dous adultos e dous menores, tras pedir axuda despois de quedar ao bordo dun precipicio coa súa furgoneta no municipio lucense de Sober.

Segundo informou o 112 Galicia, sobre as 23,40 horas deste venres, un dos adultos contactaba coa central de emerxencias para pedir axuda, xa que aseguraba que se atopaban nunha pista da parroquia de Anllo e, ao querer dar a volta co vehículo, averiouse e corrían perigo de caer por un precipicio.

Así, os xestores do 112 puxeron en marcha un operativo formado polos Bombeiros de San Cibrao, de Monforte, da Garda Civil de Ourense e de Lugo, do GES de Pereiro de Aguiar e dos efectivos de Protección Civil da localidade e de Nogueira de Ramuín.

Unha vez localizados, os servizos de emerxencia desprazados ata o lugar confirmaron que puideron estabilizar a furgoneta, que se atopaba nunha pendente nunha zona de curvas. O catro ocupantes do vehículo resultaron ilesos.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A xuízo un home por agresión sexual á súa exparella cando esta decidiu deixar a relación

A Audiencia Provincial de Lugo xulgará o vindeiro xoves, día 12, a un home...