InicioSociedadeAberto o prazo para pedir as axudas da Deputación de Lugo a...

Aberto o prazo para pedir as axudas da Deputación de Lugo a asociacións que queiran mellorar servizos no rural

A iniciativa conta cun orzamento de 300.000 euros.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputación de Lugo abriu este mércores o prazo para solicitar as subvencións do Programa de Dotación e Mellora de Servizos Comunitarios, unha liña de axudas destinada ás asociacións para mellorar a calidade de vida da veciñanza do rural.

A iniciativa conta cun orzamento de 300.000 euros e ás axudas –de concorrencia competitiva– poderán optar durante un mes –ata o próximo 28 de setembro– as entidades asociativas da provincia. As obras deberán realizarse entre o 1 de outubro de 2022 e o 30 de xuño de 2023.

Poden pedir estas axudas –entre os 1.000 e os 6.000 euros– entidades asociativas como asociacións e agrupacións de veciños, comunidades de usuarios de augas, asociacións de mulleres rurais, comunidades de montes ou asociacións de gandeiros, agricultores ou produtores forestais da provincia para realizar investimentos en inmobles ou equipamentos.

Entre as actuacións subvencionables está a mellora, adecuación do firme ou sinalización das vías públicas comunais e os seus accesos; as obras de acondicionamento, reforma e ampliación dos locais nos que a entidade desenvolver a súa actividade; adquisición de equipamentos para locais que resulten necesarios para o funcionamento común da entidade; obras novas de mellora, reforma e reparación das infraestruturas e instalacións das traídas de auga comunitarias; construción de depósitos de auga comunitarios ou acondicionamento e recuperación dos xa existentes; e obras de acondicionamento e recuperación de espazos públicos comunais, fontes e a súa contorna.

+ posts

ÚLTIMAS

O Pleno de Lugo aproba iniciar o expediente de nomeamento de Xoán Montes como fillo predilecto

  O Pleno do Concello de Lugo aprobou hoxe por unanimidade unha proposta que impulsou...

CCOO chama á unidade sindical para negociar o convenio do comercio de alimentación en Lugo

A Federación de Servizos de CCOO Galicia fixo un chamamento ao resto de organizacións...

Vicepresidencia da Deputación e o CB Breogán dan apoio a ASORLU no último partido da tempada

O vicepresidente da Deputación de Lugo Efrén Castro, o director xeral do CB Breogán...

Cáritas Lugo alerta: medran os migrantes atendidos e os maiores sós, pero “a pobreza ten cara de muller”

Un total de 7.834 persoas foron atendidas por Cáritas Diocesana de Lugo ao longo...