InicioLugo e contornaFriolRecompensa de 6.000 euros para quen encontre a un home de Friol

Recompensa de 6.000 euros para quen encontre a un home de Friol

Tratan así de reactivar a procura do señor, que foi visto por última vez o pasado 4 de setembro

PUBLICADA O

- Advertisement -

A familia e o Concello de Friol ofreceron unha recompensa de 6.000 euros a quen dea co paradoiro de José Luís Igrexas, un octoxenario desaparecido do seu domicilio neste municipio lucense desde hai máis de 20 días.

Tratan así de reactivar a procura do home, que foi visto por última vez o pasado 4 de setembro e cuxo vehículo se localizou nunha pista forestal da parroquia de Carballo, onde residía e tiña leiras.

Tras máis de dúas semanas sen avances, os fillos do home, xunto co Concello de Friol, decidiron ofrecer unha recompensa económica a quen dea co desaparecido.

Desde que se dese a voz de alarma sobre a súa desaparición leváronse a cabo numerosos operativos de procura, nos que, ademais de voluntarios e familia, participaron axentes de Protección Civil, Garda Civil e GES, así como unidades caninas de rastrexo, helicópteros e mesmo os drones da Axega, aínda que sen éxito.

O pasado 10 de setembro, un transportista dixo ver ao home na zona da parroquia de Condes, polo que a procura ampliouse a esta área e aos concellos limítrofes de Guntín e Palas de Rei.

Os familiares do desaparecido, que agradeceron a participación de todos os que integraron os dispositivos de procura, confían en que a recompensa atraia a máis persoas, mesmo especializadas en desaparicións, para poder dar co home.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...