InicioSociedadeMáis de 40 establecementos participarán no Concurso de Tapas de Lugo

Máis de 40 establecementos participarán no Concurso de Tapas de Lugo

Celebrarase do 4 ao 20 de novembro.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Máis de 40 establecementos adheríronse á 17 edición do Concurso de Tapas da cidade de Lugo, que se celebrará do 4 ao 20 de novembro.

Unha edición que se presentou no Concello de Lugo, onde a concelleira de Cultura, Maite Ferreiro, destacou que primará “a imaxinación, a calidade e uns estupendos produtos de calidade”. Tamén celebrou que se restablece este concurso “con practicamente recuperada a normalidade sanitaria”.

“Un ano máis poderemos degustar esas tapas que nos van a preparar os locais de hostalaría, en colaboración coa Asociación de Empresarios de Hostalaría”, resaltou. Precisamente o presidente da Asociación de Empresarios de Hostalaría de Lugo, Cheché Real, estimou que participarán “entre 40 e 50 locais” da cidade. Prevese que o concurso deixará un retorno económico de 200.000 euros.

Tamén avanza que o gañador probablemente participe no “primeiro concurso de petiscos e tapas de España”, que impulsará a asociación Hostalaría de España no marco de Madrid Fusión e que se celebrará a finais do próximo mes de xaneiro.

PROMOCIÓN NA VOLTA

Así mesmo, Cheché Real tamén foi o abandeirado do expositor ‘E para comer, Lugo’, que paseou por “toda España” coa Volta Ciclista que concluía o pasado fin de semana.

Real destacou que se trata dun “marco incomparable promocionalmente falando e tamén deportivamente falando, son 21 días e cada día nun sitio diferente da xeografía do estado, promocionando todos os produtos de Lugo, levamos 21 produtos, 18 deles de denominación de orixe”.

A xente queda sorprendida co aceite de Quiroga ou co viño da Ribeira Sacra, pero logo tamén se dá paleta de cordeiro e iso non é habitual nunha ‘caseta”, presumía Cheché Real.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP de Lugo acusa ao BNG de “desgoberno” nas contas municipais no anterior goberno local

O goberno municipal de Lugo elevou este martes o ton da confrontación política cos...

Detido un home por insultar e golpear a un axente da Policía Local de Lugo

Segundo informa a Policía Local nun comunicado, os axentes atopábanse de patrulla cando foron...

Lugo reactiva tras case cinco anos a Mesa Local de Comercio para impulsar novas medidas de apoio ao sector

O Concello de Lugo reactivou este martes a Mesa Local de Comercio despois de...

O único xulgado polo incendio mortal en Tableros Hispanos de Nadela nega a súa responsabilidade no sinistro

O xuízo polo incendio mortal rexistrado en 2019 na planta de Tableros Hispanos de...