InicioEconomíaA Deputación de Lugo destina máis dun millón de euros a obras...

A Deputación de Lugo destina máis dun millón de euros a obras nunha decena de estradas

O goberno provincial acordou o acondicionamento de vías que pasan polos municipios de Portomarín, Negueira de Muñiz, Vilalba, Guitiriz, Trabada, O Saviñao, Lugo e Guntín.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A xunta de goberno da Deputación de Lugo adxudicou un investimento de 1,2 millóns de euros para obras de mellora nunha decena de estradas provinciais.

En concreto, o goberno provincial acordou o acondicionamento de vías que pasan polos municipios de Portomarín, Negueira de Muñiz, Vilalba, Guitiriz, Trabada, O Saviñao, Lugo e Guntín.

Así o anunciou en rolda de prensa a portavoz socialista da Deputación, Pilar García Porto, quen subliñou “o elevado ritmo de traballo e de xestión” neste mandato. Valora que, só neste verán, sacaron adiante, en xunta de goberno, un volume de investimentos de 3,5 millóns para a mellora de 23 estradas.

Así mesmo, adxudicouse o contrato para a subministración de emulsión asfáltica para os servizos que presta o parque móbil da institución provincial, por un importe duns 680.000 euros.

+ posts

ÚLTIMAS

Detido un mozo en Lugo por unha suposta agresión sexual

Un home de 18 anos atópase detido en dependencias policiais acusado dunha suposta agresión...

Aberta a circulación de trens na variante da Pobra de San Xiao

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable, a través de Adif, puxo en explotación...

A Deputación reclama á Xunta un novo modelo de emerxencias na área da Montaña

  O Pleno da Deputación de Lugo celebrado este martes aprobou instar á Xunta de...