InicioSociedadeA Deputación de Lugo destina 22.000 euros á Asociación Riolas para atender...

A Deputación de Lugo destina 22.000 euros á Asociación Riolas para atender 65 persoas con TEA

A asociación dá servizo a domicilio ou nalgúns lugares da provincia de Lugo ás persoas con este trastorno e ás súas familias.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, renovou a colaboración coa Asociación Raiolas Lugo (Asociación de Pais, Nais e Persoas con Trastornos do Espectro Autista e Trastornos de Comunicación Social), por un total de 22.000 euros, para prestar atención especializada a 65 usuarios e usuarias con TEA (Trastorno do Espectro Autista), e a 115 pais e nais.

Así, Tomé remarcou o traballo da asociación para conseguir unha sociedade máis xusta e igualitaria. “Sumamos esforzos co obxectivo de mellorar a calidade de vida e benestar dos usuarios e usuarias, e en consecuencia, das súas familias”, sinalou o presidente.

Nun comunicado, a Deputación explicou que co programa ‘Intervención en Contextos Naturais’ a asociación dá servizo a domicilio ou nalgúns lugares da provincia de Lugo ás persoas con este trastorno e ás súas familias. O obxectivo é proporcionar un servizo de apoio ou guía para que poidan desenvolver as súas capacidades, coa facilitación da comunicación ou a comprensión das necesidades por parte das familias.

A Asociación Riolas creouse no ano 2000 para dar un servizo de apoio e prestar atención individual en ámbitos como a psicoloxía, psicopedagoxía ou logopedia. Así mesmo, realizan actividades grupais, talleres e asesoran ás familiar para orientalas e darlles confianza para xerar un ambiente adecuado.

ÚLTIMAS

Dous irmáns lucenses, promesas do piragüismo español

Un día de semana ás 10:00 horas da mañá en pleno verán, Hugo Argiz e...

O pleno municipal aproba esixir á Xunta que garanta o dereito das mulleres a abortar na provincia

O pleno do Concello de Lugo aprobou este venres, co voto a favor de...

Un conductor ferido grave tras caer por un terraplén no Corgo

O condutor dun vehículo resultou ferido de gravidade tras saírse da vía e caer por un...

Doa sangue e levarás gratis unha entrada para o cinema

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e o Centro Comercial As...