InicioSociedadeO avogado de Pilar de Lara aprema o Constitucional a resolver o...

O avogado de Pilar de Lara aprema o Constitucional a resolver o trámite de admisión do recurso contra a sanción

Agustín Azparren espera novidades despois do verán.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O avogado da extitular do Xulgado de Instrución número un de Lugo, Pilar de Lara, Agustín Azparren, aprema o Tribunal Constitucional a que resolva o trámite de admisión do recurso contra a sanción que lle impuxo o Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ) á maxistrada por dilacións indebidas nas múltiples causas que levaba neste xulgado.

Despois de case un ano de que se presentase este recurso de amparo ante o Constitucional, en novembro de 2021, Azparren agarda a ver “se despois do verán hai algunha novidade”. “O número de recursos de amparo é bastante considerable e neste caso está pendente o trámite de admisión, e si que é verdade que é bastante tempo”, lamenta.

A ex-xuíza do número un de Lugo foi apartada do seu xulgado por dilacións indebidas nas moitas operacións que instruíu, como é o caso da operación Carioca, sobre redes de prostitución; a Pokémon, sobre mordidas a políticos por adxudicacións; ou o Garañón, ao redor do urbanismo na cidade de Lugo.

Unha vez suspendida a xuíza, conseguiu destino nun xulgado de Ponferrada, á espera de que se resolva o seu recurso ante o Constitucional, o cal, de non ser favorable aos seus intereses, a conduciría ao Tribunal Europeo de Dereitos Humanos.

Sobre a polémica entre Goberno e PP pola renovación dos distintos órganos xudiciais, non cre que estea detrás desta demora. “Non creo que teña nada que ver en materia disciplinaria. Á parte deste recurso tamén teño outro que se expón por falta de lexitimación do Consello Xeral do Poder Xudicial (argumento que se trasladou tamén con respecto a Pilar de Lara) por non estar nomeados os vogais xudiciais polos xuíces”, subliñou.

+ posts

ÚLTIMAS

O PPdeG reclama a PSdeG e BNG “asumir responsabilidades” por permitir que Tomé siga de alcalde e deputado

O portavoz parlamentario do PPdeG, Alberto Pazos Couñago, esixiu ao PSdeG e ao BNG...

O PPdeG non asistirá ao acto do 8M na Deputación de Lugo por mor do “branqueamento” de José Tomé

Os deputados do Grupo Provincial Popular de Lugo anunciaron este martes que non asistiran...

A Rede Museística é a institución de referencia no apoio á creación feminina segundo un informe

informe Las Artistas, aquí y ahora elaborado pola Asociación de  Mujeres en las Artes...

Senadores do PP de Lugo reclaman a Sánchez “concretar prazos” para reparacións na N-6

Os senadores do PP de Lugo reprocharon ao Goberno que "non concrete prazos" sobre...