InicioSociedadeLugo activa a licitación das casetas do polbo de San Froilán

Lugo activa a licitación das casetas do polbo de San Froilán

As empresas do sector da hostalaría terán ata o 6 de setembro para presentar as súas ofertas, e poderán realizar a actividade entre o 1 de outubro e o 1 de novembro.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A concelleira de Cultura de Lugo, Maite Ferreiro, anunciou que se abriu o novo procedemento de licitación das casetas do polbo para o San Froilán deste ano.

Con iso, dixo Ferreiro, o concello busca “garantir a volta das casetas mantendo o prezo a pagar polas persoas que desexen achegarse a esta instalación, traballando da man co sector da hostalaría para asegurar as mellores condicións”.

O Goberno de Lugo activou de novo o procedemento de licitación despois de manter diversos contactos co sector, garantindo que estas instalacións volvan estar presentes no San Froilán 2022 despois de dous anos de parón polas restricións derivadas da pandemia de covid-19.

No novo prego, a presupostos base de licitación saen a concurso cun mínimo de 9.824,50 euros para a caseta 1, 8.842,05 euros para a caseta 2 e 8.187,08 euros para as 3 e 4. Os caldeiros saíron a concurso cun orzamento base de 6.178,93 euros o número 1, 5.561,04 euros o número 2 e 5.149,11 euros os números 3 e 4, o que supón descontos próximos ao 50% do prezo orixinal de licitación, seguindo o marcado na normativa fiscal do Concello de Lugo.

Por iniciativa da área de Cultura, a comisión de festas aprobou manter dos produtos das casetas cos mesmos prezos que no 2016. Deste xeito, as persoas que visiten as casetas do polbo poderán consumir cada ración de polbo (250g) a 12 euros, a ración de pan e de cachelos (200g) a 1,50 euros e a botella de viño (3/4l) a 6 euros.

As empresas do sector da hostalaría terán ata o 6 de setembro para presentar as súas ofertas, e poderán realizar a actividade entre o 1 de outubro e o 1 de novembro.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP de Lugo acusa ao PSOE de manter a Tomé para non perder o goberno da Deputación

O voceiro provincial do PP de Lugo, Antonio Ameijide, acusou o PSOE de “seguir...

O PSdeG critica que só catro das 25 novas residencias anunciadas pola Xunta se situarán na provincia de Lugo

O PSdeG pediulle á Xunta que revise o reparto territorial do seu novo plan...

A Deputación de Lugo pide máis profesorado e apoio a residencias co voto contrario do PPdeG

O pleno ordinario da Deputación de Lugo celebrado este martes tivo como unha das...

O Caudal Fest xa quenta motores para o 2027: confirmada La Oreja de Van Gogh

Caudal Fest segue a dar forma á edición de 2027 e faino agora coa...