InicioSociedadeMulleres da Montaña participan nun encontro a prol do emprendemento rural

Mulleres da Montaña participan nun encontro a prol do emprendemento rural

A Deputación de Lugo considera un "factor imprescindible" a creación de emprego xuvenil e feminino para "fixar poboación no territorio".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputación de Lugo ofreceu este luns un encontro sobre formación e asesoramento gratuítos a mulleres emprendedoras da comarca lucense da Montaña a través do programa ‘Feminino Rural. Evolución’.

Este programa, destacou a institución provincial, ofrece “de maneira totalmente gratuíta” formación e asesoramento personalizados a mulleres empresarias e emprendedoras do rural da provincia para mellorar ou lanzar os seus negocios. Trátase dunha iniciativa para a que a Deputación achega 40.000 euros e que desenvolve a Asociación de Empresarias de Lugo (AELU).

Nun encontro celebrado na Fonsagrada, o deputado de Recursos Sostibles, Roberto Fernández Rico, animou ás asistentes a participar nesta iniciativa para incorporar “ferramentas para mellorar os negocios en marcha” e tamén “o apoio necesario para lanzalo con garantías”.

Ademais, apuntou que desde a Deputación de Lugo consideran un “factor imprescindible” a creación de emprego xuvenil e feminino para “fixar poboación no territorio”. Segundo trasladou a entidade nunha nota de prensa, este tipo de encontros, que xa se celebraron na Mariña e en Lugo, continuarán durante o mes de xullo no resto de comarcas das provincias.

ÚLTIMAS

Dous irmáns lucenses, promesas do piragüismo español

Un día de semana ás 10:00 horas da mañá en pleno verán, Hugo Argiz e...

O pleno municipal aproba esixir á Xunta que garanta o dereito das mulleres a abortar na provincia

O pleno do Concello de Lugo aprobou este venres, co voto a favor de...

Un conductor ferido grave tras caer por un terraplén no Corgo

O condutor dun vehículo resultou ferido de gravidade tras saírse da vía e caer por un...

Doa sangue e levarás gratis unha entrada para o cinema

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e o Centro Comercial As...