InicioLugo e contornaO avogado do condenado polo asasinato dunha muller no barrio das Gándaras...

O avogado do condenado polo asasinato dunha muller no barrio das Gándaras recorrerá a sentenza

Jacobo Vázquez estimou que agora a pena máxima "pode ser de 25 anos", posto que ao cualificarse como asasinato a pinza vai "do vinte aos 25 anos" de prisión,

PUBLICADA O

- Advertisement -

O avogado do condenado polo asasinato de Clara Expósito no barrio das Gándaras en Lugo en 2020, Jacobo Vázquez, avanzou que recorrerá a sentenza que se lle impoña ao seu cliente tras o fallo do xurado que o declarou culpable de asasinato.

O xurado popular, despois de tres días de xuízo na Sección Segunda da Audiencia Provincial de Lugo, declarou culpable de asasinato a Javier Belda, acusado de matar a Clara Expósito, unha muller de 49 anos de idade, no barrio lucense das Gándaras o 7 de febreiro de 2020.

O tribunal non tivo en conta a agravante de violencia de xénero e considerou que o procesado non tiña minguadas as súas facultades polo alcol ou a droga. O avogado do asasino, que confesou o crime na primeira xornada do xuízo, aínda que negou que a vítima e el fosen parella, puntualizou que está á “espera” da sentenza. Con todo apresurouse en valorar de forma “positiva” que o xurado “non concedese, nin tido en conta durante o xuízo, o agravante de violencia doméstica”.

“Agora só queda saber a sentenza para ver como quedaría a pena e valorar o recurso ou non aínda que iso sería en función”, sinalou, en relación ao fallo que emita a Audiencia, sinalou Vázquez. No entanto, comentou que finalmente recorrerá ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), defendeu que non se trata dun asasinato, senón dun homicidio.

Jacobo Vázquez estimou que agora a pena máxima “pode ser de 25 anos”, posto que ao cualificarse como asasinato a pinza vai “do vinte aos 25 anos” de prisión, e puntualizou que a sentenza non pode contemplar o agravante de violencia de xénero dado que o xurado “entendeu que non existía”.

ÚLTIMAS

Dous irmáns lucenses, promesas do piragüismo español

Un día de semana ás 10:00 horas da mañá en pleno verán, Hugo Argiz e...

O pleno municipal aproba esixir á Xunta que garanta o dereito das mulleres a abortar na provincia

O pleno do Concello de Lugo aprobou este venres, co voto a favor de...

Un conductor ferido grave tras caer por un terraplén no Corgo

O condutor dun vehículo resultou ferido de gravidade tras saírse da vía e caer por un...

Doa sangue e levarás gratis unha entrada para o cinema

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e o Centro Comercial As...