InicioSucesosCae outro tramo do viaducto da A-6

Cae outro tramo do viaducto da A-6

O BNG esixe unha solución "urxente e rigorosa" para o viaducto.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un novo tramo da A-6 entre os municipios de Pedrafita do Cebreiro e o Castro, en Vega de Valcárcel, no Bierzo, derrubouse esta tarde.

Segundo apunta o tenente de alcalde e voceiro do BNG no Concello de Lugo, Rubén Arroxo, na súas redes sociais “Concelleir@s da comarca estamos en Pedrafita e xusto agora acaba de caer outro vano do viaducto”.
Polo momento non se ten constancia de feridos neste novo sinistro, aínda que a zona estaba xa previamente asegurada e fechada ao tráfico. “O BNG imos presentar unha moción no pleno da Deputación para instar ao Estado o rápido arranxo”, sinala Arroxo.

VISITA

Precisamente, representantes institucionais do BNG dos distintos concellos afectados polo esborralle do viaduto da A-6 esixiron ás institucións unha solución “urxente e rigorosa” para o viaduto da A-6. Nunha visita á zona, a portavoz do BNG na Deputación de Lugo, Maite Ferreiro, declarou que, no próximo pleno, presentaron unha moción na que piden ao Goberno do Estado unha solución urxente e rigorosa para o tramo afectado, ao mesmo tempo que solicitan que actúen o trazado alternativo para garantir a seguridade viaria.

A proposta do BNG na Deputación de Lugo únase ás distintas propostas realizadas pola organización nacionalista nas distintas administracións, onde tamén se reclama, por parte do Goberno do Estado, unha investigación transparente e independente que permita coñecer as causas do sinistro e dirimir responsabilidades.

A A-6 é unha infraestrutura crave para Galicia que está a ser tratada como un asunto menor por parte do Goberno do Estado“, afirmou Maite Ferreiro, que engadiu que “se isto ocorrese noutras zonas”, xa habería prazos de recuperación da infraestrutura. Entre as distintas propostas do BNG inclúese unha auditoría da totalidade da A-6, para o que se solicitou xa no Congreso a comparecencia da Ministra de Transportes.

+ posts

ÚLTIMAS

A Festa do Queixo de San Simón chega á súa XXX edición

Ao longo da fin de semana haberá moita oferta musical, contando coa animación das...

“Desde o rural e a identidade constrúese provincia”, di a presidenta da Deputación de Lugo

A presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, destacou Pedrafita do Cebreiro como exemplo...

Piden cinco anos de prisión para un home que agrediu cun vaso a dúas persoas no exterior dun pub de Lugo

A Audiencia Provincial de Lugo xulgará o vindeiro martes, día 7, a un home...

A Deputación de Lugo responde ao PP sobre a incorporación dun funcionario de administración local

  A Deputación Provincial de Lugo, ante as declaracións realizadas polo Grupo Provincial do Partido...