InicioSociedadeSen cuartos libres nos hoteis de Lugo a poucos días do sábado...

Sen cuartos libres nos hoteis de Lugo a poucos días do sábado do Arde Lucus

O secretario da Asociación de Empresarios de Hostalaría de Lugo, Jacobo García Bobadilla, que estima que a ocupación global será do 90%, non só nos hoteis da cidade, senón en municipios limítrofes.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A ocupación hoteleira en Lugo durante o Arde Lucus, que se celebra do 9 ao 12 de xuño, chegará ao cento por cento o 11 de xuño, sábado.

Diso informou o secretario da Asociación de Empresarios de Hostalaría de Lugo, Jacobo García Bobadilla. Estima que a ocupación global será do 90%, non só nos hoteis da cidade, senón en municipios limítrofes.

García Bobadilla destacou que este Arde Lucus preséntase “moi ben” para o sector, incluída a hostalaría. “Son datas moi óptimas para o turismo e para o comercio en xeral, sobre todo a partir do venres”, 10 de xuño.

Igualmente, prevé que ese cheo tamén se poida producir na xornada do venres. “O que se nos confirma é que, nun 90%, as reservas están moi avanzadas. Tamén vemos que non hai anulacións e o tempo vai mellorar. Vai ser unha festa espectacular como todos os anos”, aventurou.

Un factor que cre fundamental Bobadilla é que faga bo tempo para ese catro días de festa de recreación do pasado romano e ‘castrexo’ da cidade de Lugo, sobre todo porque “case todas as actividades celébranse ao aire libre”. “Por todo iso, a climatoloxía é fundamental”, concluíu o secretario da Asociación de Empresarios de Hostalaría de Lugo.

+ posts

ÚLTIMAS

O PSdeG reclama á Xunta unha solución ante “a extrema gravidade” de Urxencias no HULA

A deputada do PSdeG Lara Méndez López vén de rexistrar no Parlamento unha iniciativa...

Palas de Rei acolle a primeira celebración cidadá polo “non” a Altri

A Plataforma Ulloa Viva festexará esta tarde o "primeiro paso" adoptado pola Xunta de...

O PP preguntará no pleno cando executarán PSOE e BNG os arranxos pendentes na escola de piragüismo

Os deputados do Grupo Provincial Popular preguntarán no vindeiro pleno “cando teñen previsto PSOE...

O PP de Vilalba condena o novo ataque ao busto de Manuel Fraga

O PP de Vilalba expresou a súa "máis rotunda e enérxica condena" ante un...