InicioLugo e contornaLugoO novo hospital de día de Lugo atenderá a saúde mental de...

O novo hospital de día de Lugo atenderá a saúde mental de nenos e adolescentes

Vén de ser posto en marcha pola Xunta.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Xunta puxo en marcha o hospital de día de saúde mental infanto-xuvenil da área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, que atenderá a pacientes con idades comprendidas entre os 12 e os 18 anos con patoloxías como trastornos da alimentación, trastornos mentais graves, trastornos do espectro autista e trastornos de conduta, entre outros.

Segundo detallou a Consellería de Sanidade nun comunicado, trátase do cuarto dos sete hospitais de día de saúde mental infanto-xuvenís previstos no Plan de Saúde Mental de Galicia, aprobado a mediados de 2020, tras os de Vigo, Santiago e Ourense. O novo hospital de día de saúde mental infanto-xuvenil de Lugo está situado na planta 1 do Hospital Universitario Lucus Augusti, xunto ahospitalización de Pediatría. Está atendido por un equipo multidisciplinar de profesionais de psiquiatría, psicoloxía, enfermaría, traballo social e terapia ocupacional, e conta ademais con outro persoal de apoio.

Ademais, a Xunta indicou que traballará de forma “conxunta, coordinada e interdisciplinar” con outros servizos implicados na atención destes pacientes, como poden ser pediatría ou endocrinoloxía. Nesta mesma liña, Sanidade explicou que está concibido para realizar tratamentos ambulatorios activos e busca non separar aos nenos e adolescentes do seu ámbito normal de vida cotiá.

O obxectivo do plan, indicou a Consellería, é que haxa un hospital destas características en cada unha do sete áreas sanitarias galegas no ano 2024.

UNIDADE DE PREVENCIÓN DO SUICIDIO

Por outra banda, a Consellería de Sanidade destacou que o Plan Saúde Mental 2020-2024, tamén creou na área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos unha unidade de prevención do suicidio e, desta maneira, “cumpre o compromiso do Sergas de que, a finais de ano, cada unha do sete áreas sanitarias galegas conten cunha unidade deste tipo”.

Ademais, tamén en área lucense, ao amparo deste plan, a Xunta puxo en valor a creación de programas de psicoloxía de ligazón entre atención primaria e hospitalaria e “o reforzo do persoal do programa sociosanitario que atende a saúde mental de persoas usuarias de residencias”.

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo modifica horarios de traballadores e instalará paneis especiais nas escolas infantís pola calor

O pleno ordinario de xuño do Concello de Lugo abriuse este luns coa intervención...

Lara Méndez, “tranquila” ante a situación de José Tomé nas primarias: “Cando detectamos un problema, dámoslle solución, non coma o PP”

A secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez, dixo estar "tranquila" ante a situación do...

A Ofrenda do Antigo Reino de Galicia celébrase en Lugo por primeira vez como Ben de Interese Cultural

A cidade de Lugo acolle este domingo, 29 de xuño, unha nova edición da...

A Fiscalía pide 20 anos de prisión para un home acusado de violar dúas veces a unha muller en Lugo

A Audiencia Provincial de Lugo acollerá os días 3 e 4 de xullo o...