Galicia rexistrou nas últimas horas outros 1.021 contaxios de covid, enfermidade pola que permanecen ingresadas un total de 610 persoas –47 menos que na xornada anterior–, das que 22 están na unidade de críticos, mentres que 10.996 pasan a enfermidade no seu domicilio.
Así figura na actualización da situación sanitaria asociada á pandemia en Galicia trasladada pola Consellería de Sanidade este sábado, xornada na que notifican a morte doutras 10 persoas infectadas con coronavirus os días 18 e 19 de maio. Deste xeito, con datos solicitados ata as 18,00 horas do venres, os casos activos de covid-19 redúcense tras varios días de incrementos ata os 11.606, 381 menos que no último balance.
Tamén descende a presión hospitalaria ao baixar en 47 os ingresados con covid ata situarse en 610 en toda a rede sanitaria galega. Ademais, baixan tamén os hospitalizados nas unidades de coidados intensivos dos hospitais galegos, nas que hai ingresadas 22 persoas –cinco menos–.
Por áreas sanitarias, os sete distritos rexistran descensos no número global de hospitalizados excepto Vigo, onde na xornada deste venres os ingresados en planta por covid ascendían a 98 –un máis que o xoves—, mentres que en UCI hai catro persoas ingresadas –dúas menos–. Na de Lugo continúa un paciente en críticos e 49 noutras unidades –catro menos–.
DESCENSO DE CASOS ACTIVOS
Así mesmo, hai 381 casos activos menos que na xornada pasada. En total, a Consellería contabiliza 11.606 casos activos de Covid-19 na comunidade, o que supón un descenso tras dúas xornadas consecutivas de ascenso. Este descenso é xeneralizado no sete áreas sanitarias, coa de Lugo á fronte (-131), seguida de Ourense (-75), Vigo (-59), Santiago e Barbanza (-56), Ferrol (-46), Pontevedra (-11) e A Coruña-Cee (-3).
Así, con máis infeccións activas sitúase a área da Coruña-Cee, con 3.066; seguida da de Vigo, con 2.158; Santiago e Barbanza, con 1.910; Ourense, con 1.563; Lugo, con 1.368; Pontevedra e O Salnés, con 1.272 e, por último, Ferrol, con 859 casos activos.
MENOS CONTAXIOS
Pola súa banda, os contaxios de Covid-19 descenden ata os 1.021, que implican 69 menos que os 1.090 contabilizados nos datos ofrecidos o venres; 1.025 do xoves, os 619 do mércores, os 927 novos casos abertos no martes e arrincar esta semana con 502. Cabe destacar que co novo protocolo xa non se contabilizan os autotest positivos e non se fan probas de diagnóstico a poboación en xeral, salvo á vulnerable. O sábado anterior –14 de maio– detectáronse 1.161. En canto á taxa de positividade –número de PCR positivas por cada 100 realizadas– ascende ao 39,87%, tras aumentar ao 38,74 por cento o venres, ao 28,24% o xoves, baixar a un 22,6% este mércores, situarse no 31,45% o martes e comezar esta semana no 29,39%. Por iso, continúa por encima do 5% que marca a OMS para dar por controlada a pandemia.