InicioSociedadeQueremos Galego pon autobuses de Lugo a Santiago para manifestarse o 17...

Queremos Galego pon autobuses de Lugo a Santiago para manifestarse o 17 de maio

O servizo de autocares sairá desde o Edificio Sindical na Rolda da Muralla e as persoas interesadas poderán anotarse a través de teléfono.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A plataforma Queremos Galego fretará autobuses desde Lugo para que quen o desexe acuda este martes, 17 de maio, Día das Letras Galegas, á manifestación anual a favor da lingua que se celebrará en Santiago de Compostela.

En concreto, o servizo de autocares sairá desde o Edificio Sindical na Rolda da Muralla e as persoas interesadas poderán anotarse a través de teléfono.

Queremos Galego, da que forman parte máis de 500 entidades sociais e culturais de Galicia, sairá un ano máis ás rúas de Santiago para evidenciar que a situación do idioma cooficial “non é irrversible” e que “hai alternativas e vontade colectiva” para cambiar a tendencia de perda de falantes.

A plataforma lamenta que a sociedade galega estea “soa” e “sen institucións que a amparen” na defensa da lingua. Por iso, pide ao novo presidente da Xunta, Alfonso Rueda, que “abandone a súa política de agresión sistemática ao galego” e empece a exercer a súa “responsabilidade na defensa dos intereses de Galicia e da súa lingua”.

+ posts

ÚLTIMAS

A Xunta destina 27,3 millóns á construción de 152 vivendas de promoción pública en Lugo

O Goberno galego autorizou a licitación das obras de construción de 152 novas vivendas...

Alertan de danos inminentes en bens arqueolóxicos de Parada, en Outeiro de Rei

Mariña Patrimonio vén de poñer en coñecemento da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural a...

O concello de Lugo analiza unha reorganización das concellerías tras a entrada de Eugenia Iglesias como edil

Eugenia Iglesias Vargas será a nova concelleira do Concello de Lugo, incorporándose á corporación...

Os ‘populares’ sinalan a obriga de abrir a residencia de Becerreá como un golpe para PSOE e BNG

O portavoz do PP na Deputación de Lugo, Antonio Ameijide, sinala que "a condena...