InicioLugo e contornaLugoDenunciado un condutor ebrio tras bater con dous coches aparcados en Lugo

Denunciado un condutor ebrio tras bater con dous coches aparcados en Lugo

Será investigado por delito contra a seguridade viaria nun xuízo rápido.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo interceptou a un condutor que duplicou a taxa máxima de alcoholemia, obtivo 0,69 mg/l, permitida despois de chocar contra dous coches aparcados. Segundo informou a Policía Local, sobre as 2,30 horas do 11 de maio un equipo de Atestados da Policía Local desprazouse á rúa San Roque porque un vehículo chocara contra dous turismos estacionado e un deles desprazouse e bateu cun terceiro.

Os axentes mobilizados observaron que o condutor presentaba “signos de embriaguez”, polo que foi sometido ás probas nas que obtivo positivo de 0,69 mg/l. Por iso, indicaron as mesmas fontes policiais, instruíronse dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de xuízo rápido.

+ posts

ÚLTIMAS

Unha colisión entre unha furgoneta e un camión deixa un ferido atrapado en Castro de Rei

O condutor dunha furgoneta resultou ferido este venres nun accidente de tráfico rexistrado na...

Candia recibe o Cónsul Xeral de Portugal en Galicia para abordar novas vías de colaboración con Lugo

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, e o concelleiro de Turismo e Museos, recibiu...

O antigo colexio do Sagrado Corazón xa é dos lucenses trala sinatura hoxe da acta de expropiación

O antigo colexio do Sagrado Corazón volve ser desde hoxe dos lucenses. Desde as...

Lugo formaliza a ocupación dos terreos para o novo centro de saúde do Sagrado Corazón

O proxecto para construír o novo centro de saúde do Sagrado Corazón, en Lugo,...