InicioLugo e contornaLugoA Xunta agarda completar o centro integral de saúde de Lugo antes...

A Xunta agarda completar o centro integral de saúde de Lugo antes de 2023

Trátase dunha obra "pioneira en Galicia", segundo apuntan.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O centro integral de saúde de Lugo situado no barrio da Residencia, sobre o vello hospital materno infantil de Lugo, estará concluído este ano a pesar dos problemas derivados da folga do transporte. Así o ratificou a conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, quen supervisou este mércores estes traballos para os que a Xunta inviste máis de 12 millóns de euros, sobre unha superficie de máis de 8.000 metros cadrados.

Vázquez presumiu que se trata de “un espazo de vangarda”. “É o primeiro centro de saúde destas características en Galicia e supón a rehabilitación integral do antigo Materno Infantil”, abundou. “É un novo equipamento sanitario de futuro, que aglutina un centro de saúde, un punto de atención continuada, a área de saúde mental, as urxencias e a sala do 061”, detallou Vázquez.

Abarca 8.000 metros cadrados construídos, “5.000 útiles en seis pisos para este novo equipamento sanitario, onde o protagonismo no seu deseño foi a luz natural”, recalcou. A titular de Infraestruturas puxo o acento en que se trata dunha infraestrutura “moderna e máis funcional”. En canto á obra, apuntou “os muros cortina dos patios interiores están ao 90 por cento e restan os vidros, os espazos interiores tamén se atopan ao 90 por cento”, datos que lle serviron para concluír que ao longo deste ano se remataron os traballos do primeiro centro integral de saúde de Galicia.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos tradicionais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

29N Francisco Conde encabeza a candidatura do PP lucense co obxectivo de traballar “pegados ao territorio”

O Partido Popular de Lugo presentou este venres aos homes e mulleres que integran...

Encontro na Deputación sobre a desinformación e a IA

  O Pazo de San Marcos acolleu este venres un encontro aberto á cidadanía para...