InicioPolíticaO PP de Pol pide o cesamento do alcalde trala denuncia por...

O PP de Pol pide o cesamento do alcalde trala denuncia por unha suposta agresión

Os populares consideran que o feito "é indigno dun representante público", mentres que o rexedor nega a acusación.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O PP do municipio de Pol pediu o cesamento do alcalde, o socialista Lino Rodríguez, despois de que un mozo o denunciase ante a Garda Civil por unha suposta agresión durante un partido de fútbol este domingo, unha acusación que o rexedor nega.

Por mor desta polémica, os populares emitiron este martes un comunicado no que aseveran que este feito “é indigno dun representante público”. Por iso, ante a “gravidade do ocorrido”, consideran que Rodríguez debería “poñerse a un lado”.

“Por dignidade política e persoal, o alcalde debería deixar as súas funcións como tal“, polo menos ata que se esclareza o caso “e se diriman responsabilidades”, insisten, xa que esta denuncia deixa “moi danada” a “imaxe” da localidade de Pol.

Dito isto, o PP local pregúntase “onde está a ética que tanto defende” o PSOE e “que pensan” os líderes provincial e galego do partido, José Tomé e Valentín González Formoso.

De feito, os populares lembran que o rexedor xa fora noticia en 2019 cando, durante un pleno na Deputación de Lugo, mantivo unha rifa con outro deputado –o exsocialista Manuel Martínez, alcalde de Becerreá– na que se dedicaron cortes de manga e insultos.

“A ningún veciño nos gusta que Pol volva saír nos medios de comunicación polas malas formas e continuas faltas de respecto do alcalde que temos”, conclúe o PP local.

ÚLTIMAS

Un motorista falece tras caer por un terraplén en Pedrafita do Cebreiro

Un motorista faleceu este venres tras precipitarse por un terraplén de 10 metros de...

PSdeG destaca 1.000 millóns en infraestruturas para Lugo

O secretario xeral do PSdeG na provincia de Lugo, José Tomei, e a deputada...

Veciña de Begonte detida por furto de xoias continuado nun centro de maiores

A Garda Civil, no marco da operación Renur1, detivo a unha veciña da localidade...

A Rede Museística, referencia do Estado en educación e investigación nos museos

'Xornadas Internacionais sobre museos e educación. Experiencias para difusión do patrimonio e o cumprimento...