InicioCulturaNove curtas compiten nun VII Findecurta que xira arredor dos pecados capitais

Nove curtas compiten nun VII Findecurta que xira arredor dos pecados capitais

O xurado do certame promovido ao abeiro do convenio Lugo Cultural dará a coñecer o seu ditame o 6 de maio nunha sesión aberta que se desenvolverá en Veterinaria.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Nove propostas cinematográficas compiten na sétima edición do certame cinematográfico en lingua galega Findecurta, unha iniciativa promovida polo Espazo de Cine da Área de Cultura da USC ao abeiro do convenio Lugo Cultural, que recibe financiamento da USC, Deputación Provincial e Concello de Lugo, cuxa temática xirou nesta ocasión arredor dos sete pecados capitais.

Máis de cen participantes, distribuídos en diversos equipos, gozaron de pouco máis de 80 horas para materializar as súas propostas cinematográficas, curtas coas que aspiran a gañar o premio en metálico de 400 euros de que está dotado este certame, que tamén garante a proxección das dúas producións audiovisuais máis valoradoras polo xurado e polo público na próxima edición da Semana de Cine de Autor de Lugo.

O coordinador do VII Findecurta, Bruno Máez, foi o encargado de informar ás persoas representantes dos equipos inscritos sobre os requirimentos técnicos, así como respecto da temática e dos diferentes retos aos que deben achegar solucións as curtas presentadas a concurso.

Os autores da curta máis valorada polos membros do xurado recibirán unha gratificación en metálico de 400 euros, ademais da posibilidade de competir coa súa creación na próxima edición da Semana de Cine de Autor de Lugo. A segunda curta mellor valorada tamén poderá optar ao premio do público á mellor curtametraxe galega no marco da Semana de Cine de Autor de Lugo.

O fallo dos premios farase público o 6 de maio, a partir das 22.30 horas, no marco dunha sesión pública no auditorio da Facultade de Veterinaria durante a que se proxectarán todas as curtas presentadas a concurso.

+ posts

ÚLTIMAS

Restrinxida a circulación nunha estrada de Cervantes por unha gran focha

Unha focha rexistrada na estrada LU-P-1402, que une San Martiño da Ribeira con Vilaquinte...

O BNG pedirá recursos para a reparación da muralla de Lugo e reclama que se cumpra co Plan Director

Os edís nacionalistas no Concello de Lugo, encabezados polo tenente de...

Lugo Monumental pide ao Concello corrixir o estado de “abandono” da zona histórica

A asociación Lugo Monumental considera preocupante que en dous meses e medio o Concello...

Carmela López destaca o labor do Museo Comarcal da Fonsagrada, recoñecido co Butelo de Ouro

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, participou este domingo xunto ao Alcalde...