InicioSociedadeO Concello de Lugo conmemora o 91 aniversario do II República

O Concello de Lugo conmemora o 91 aniversario do II República

PUBLICADA O

- Advertisement -

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, presidiu esta mañá o acto de conmemoración do 91 aniversario do II República. A rexedora leu na Praza da Soidade un manifesto que rememoraba os valores emanados durante este período vivido en España de 1931 a 1939.

Méndez afirmaba que “debe ser un día de recordo no que enxalzar o avance que en termos de xustiza social trouxo o II República”. “Hai que apostar e defender que o respecto, a tolerancia e a unión son a única vía para enfrontar aos retos que chegan”, continuaba a alcaldesa.

Posteriormente, Lara Méndez reafirmou que para o Concello de Lugo mencionar a República é falar de “territorios respectuosos co medio ambiente, ecoloxistas, que apostan por un modelo económico responsable co planeta”. Tamén engadiu que a República emana os valores do feminismo e a pluralidade. Para finalizar a súa intervención, a alcaldesa de Lugo honrou “os valores e as conquistas sociais que abanderou a Constitución do 31” con recordo ás vidas que se perderon durante este periplo histórico.

+ posts

ÚLTIMAS

O PSdeG reclama á Xunta unha solución ante “a extrema gravidade” de Urxencias no HULA

A deputada do PSdeG Lara Méndez López vén de rexistrar no Parlamento unha iniciativa...

Palas de Rei acolle a primeira celebración cidadá polo “non” a Altri

A Plataforma Ulloa Viva festexará esta tarde o "primeiro paso" adoptado pola Xunta de...

O PP preguntará no pleno cando executarán PSOE e BNG os arranxos pendentes na escola de piragüismo

Os deputados do Grupo Provincial Popular preguntarán no vindeiro pleno “cando teñen previsto PSOE...

O PP de Vilalba condena o novo ataque ao busto de Manuel Fraga

O PP de Vilalba expresou a súa "máis rotunda e enérxica condena" ante un...