InicioSociedadeO paro no transporte deixa sen froita e verdura o banco de...

O paro no transporte deixa sen froita e verdura o banco de alimentos de Lugo

Dispón dunha reserva de produtos non perecedoiros para só un mes.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O paro no transporte que arrinca este luns a súa terceira semana deixou sen froita nin verdura o banco de alimentos da cidade de Lugo que, ademais, dispón dunha reserva de produtos non perecedoiros para só un mes.

Así o indicou a presidenta do Banco de Alimentos, Amadora Núñez, que incidiu en que o paro que mantén unha parte do sector do transporte e ao que se sumaron outros sectores fixo baixar as reservas de produtos. “Aínda que nos amola moito, hai que respectar os seus dereitos”, sinalou antes de subliñar que aínda contan en “abundancia” con produtos non perecedoiros como arroz, pasta, lentellas, aceite, azucre e cacao; aínda que só para “aguantar un mes ou mes e pico”.

Ademais, puxo o foco en que a inflación tamén limita a capacidade do banco de alimentos, xa que a subida de prezos limitou nun “40%” o poder adquisitivo da entidade benéfica. “O que o ano pasado valía 70 céntimos este ano vale 1,10 ou 1,15 euros. Coa inflación isto é unha tolemia, cazounos de cheo”, lamentou.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...