Home Lugo e contorna Lugo A praza da Mosqueira, en Lugo, xa está aberta ao paso peonil

A praza da Mosqueira, en Lugo, xa está aberta ao paso peonil

0
A praza da Mosqueira, en Lugo, xa está aberta ao paso peonil
Praza da Mosqueira, en Lugo / Concello de Lugo

O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, anunciou que a praza da Mosqueira vén de abrir ao tránsito peonil en todo o seu percorrido. Arroxo explicou que “os traballos continúan a executarse, pero coa práctica totalidade do novo pavimentado completamente instalado, abrimos o paso peonil en todo o percorrido da nova praza”.

A Mosqueira, na zona máis próxima á porta de San Pedro, conta cunha pavimentación novidosa en Lugo, que alterna céspede e baldosas. Arroxo explicou que “isto mellorará a percepción do monumento e permitirá abrir á veciñanza un dos espazos máis simbólicos da cidade”.

A nova praza peonil resultante será un espazo multiusos, con zonas verdes e espazo para a realización de actividades culturais e de ocio, na que se respectará a visión dos arcos da Mosqueira e do edificio racionalista do arquitecto Eloy Maquieira. O novo alumeado terá unha dobre función, garantir a boa visibilidade na parte pública e “avanzar na mellora da percepción visual da Muralla, reducindo a contaminación lumínica producida polos antigos proxectores instalados no céspede”, explicou o Tenente Alcalde.

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here