InicioSociedadeA Deputación de Lugo destina axuda económica e material a Ucraína

A Deputación de Lugo destina axuda económica e material a Ucraína

Faino por valor de 28.000 euros, segundo explicou a portavoz socialista, Pilar García Porto.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputación de Lugo destinará 28.000 euros, entre axuda económica e material, ao pobo de Ucraína, tras resolvelo na xunta de goberno provincial celebrada este venres. A portavoz socialista, Pilar García Porto, debullou que ascende a 10.000 euros o que se contempla en axuda económica e outros 18.000 en axuda material.

Esta última cantidade diríxese “á compra de material básico de primeira necesidade que determinen as organizacións que traballan sobre o terreo” coas persoas refuxiadas ucraínas. Así indicou que se trasladarán “produtos alimenticios, artigos hixiénicos ou sanitarios, entre outros que se poidan demandar”, sendo “canalizadas” ditas contribucións a través da Cruz Vermella.

“Hai que achegar axudas pero correctamente para que teñan a eficacia real que estas persoas precisan, ademais na xunta de goberno ratificamos a decisión de colaborar tanto co goberno de España como coa Federación Galega de Municipios e Provincias e coa Federación Española de Municipios e Provincias en todas aquelas medidas que sexan necesarias, como procurar aloxamento temporal“, subliñou.

Na mesma reunión semanal do goberno provincial aprobouse a licitación do contrato para “a prestación do servizo de mantemento integral das instalacións térmicas e de control de prevención de lexionelose” nas residencias de maiores da Fonsagrada, Pol, Trabada, Pedrafita do Cebreiro e Meira que xa están en funcionamento e para os centros de Navia de Suarna e Ribas de Sil que se prevé abrir no que queda de ano. O importe ascende a 70.000 euros.

+ posts

ÚLTIMAS

O alcalde do Páramo renuncia á acta e será relevado polo seu segundo, Benjamín García

O Concello de O Páramo celebrará esta tarde o pleno no que se tomará...

Acusan a Elena Candia do “maior acto de vulneración democrática vivido nun pleno do Concello de Lugo”

  O voceiro socialista no Concello de Lugo, Miguel Fernández, criticou este xoves con enorme...

O musical infantil ‘La Sirenita’ chega a Lugo

Lugo acolle esta fin de semana un espectáculo que fará gozar ao público familiar....

Falece un home nun accidente de coche en Láncara

Un home faleceu ao envorcar o vehículo que conducía pola LU-621, á altura do...