InicioSociedadeTres documentais sobre Lugo dan a coñecer o seu turismo científico, gastronomía...

Tres documentais sobre Lugo dan a coñecer o seu turismo científico, gastronomía e Camiño

A Deputación de Lugo puxo este material a disposición dos centros educativos e das residencias "para seguir dando a coñecer a inmensa e variada riqueza patrimonial coa que contamos na nosa provincia".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputación de Lugo deu o pistoletazo de saída a unha nova vía para a promoción dos recursos turísticos da provincia a través da edición de tres documentais temáticos, centrados no turismo científico, a gastronomía e o Camiño de Santiago.

A deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, explicou que a institución provincial decidiu impulsar a produción destes traballos audiovisuais, cunha duración aproximada de 50 minutos cada un, para “seguir contribuíndo a potenciar o sector turístico na provincia e dinamizar a súa actividade” desde un punto de vista sustentable e de calidade.

Para arrincar a súa difusión, García Porto avanzou que os novos documentais serán enviados a todos os institutos públicos da provincia e tamén aos sete centros de atención a maiores cos que conta a deputación. “Máis aló de futuras accións de difusión, parécenos unha boa fórmula poñer a disposición dos centros educativos e das residencias este material para seguir dando a coñecer a inmensa e variada riqueza patrimonial coa que contamos na nosa provincia”, explicou García Porto.

O primeiro dos documentais, ‘A gastronomía na provincia de Lugo’, centra o seu foco nos produtos e na xente que os traballa, coa presenza de profesionais como a Asociación de Cociñeiros de Lugo. En ‘Rutas científicas pola provincia de Lugo’, pola súa banda, percórrense as diferentes rutas científicas que existen no territorio, como a Serra do Xistral, o Xeoparque Montañas do Courel ou as xeorrutas pola costa cantábrica. Finalmente, o último documental dá a coñecer as rutas xacobeas a través dos propios peregrinos e dos lucenses.

ÚLTIMAS

Traxedia na A-8 en Guitiriz: dous operarios mortos tras ser atropelados durante unhas obras

Dous operarios faleceron e outros dous resultaron feridos graves por mor dun atropelo rexistrado...

Fendas no Concello de Lugo tras a saída da edil María Reigosa do PSOE: o PP fala de falta de liderado e Besteiro chama...

A portavoz do PP de Lugo, Elena Candia, vinculou o voto da edil que...

Prensentan o VIII Foro de Agroecoloxía que se celebrará en Mondoñedo

O pasado venres a medio día presentouse no Pazo de San Marcos o VIII...

Detido un empresario de transportes en Lugo por explotar a un traballador ao que prometeu papeis e contrato

Axentes da Policía Nacional de Lugo detiveron na cidade a un empresario de transportes...