InicioLugo e contornaLugoA moeda dos romanos conservada en Galicia: "só hai tres exemplares no...

A moeda dos romanos conservada en Galicia: “só hai tres exemplares no mundo”

O 'sestercio de Augusto' pasará a ser Ben de Interese Cultural.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Xunta iniciou o proceso para declarar como Ben de Interese Cultural (BIC) unha moeda do século I a. C., coñecida como ‘Sestercio de Augusto’, da que só se coñecen tres exemplares no mundo e un está en Galicia. Nun comunicado, a Consellería de Cultura informou de que este xoves se publicou no Diario Oficial de Galicia (DOG) o expediente de incoación, o que significa que a moeda contaría “de modo inmediato e provisional” co réxime de protección previsto na Lei de Patrimonio Cultural de Galicia.

O proceso iniciouse a petición da Dirección Xeral de Belas Artes do Ministerio de Cultura e Deporte polo seu “especial interese para o patrimonio histórico español”. Ademais, dita solicitude conta cun informe técnico que xustifica o carácter “excepcional” da peza. Por iso, a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta abriu un expediente de declaración, que debería resolverse nun prazo máximo de dous anos, que deixa á moeda anotada de forma preventiva no Rexistro de Bens de Interese Cultural de Galicia.

‘SESTERCIO DE AUGUSTO’

O ‘Sestercio de Augusto’, que actualmente pertence a unha colección particular, trátase dunha moneda do século I antes de Cristo de bronce que pesa ao redor de 38 gramos. Ademais, a moeda non ten marcas nin de ceca, establecemento oficial onde se fabricaban e acuñaban moedas, nin de datación, polo que a súa data de emisión e lugar de produción son descoñecidos.

Ao longo dos anos atribuíuse a cecas como a de ‘Emerita’ (Mérida), ‘Lucus’ (Lugo) ou ‘Colonia Patricia’ (Córdoba), así como a outros talleres móbiles que acompañaban ao exército. Trátase dunha parte da serie do Noroeste polo seu lugar de circulación e o escudo redondo do reverso acuñado por Augusto, “moi probablemente”, para facer fronte aos gastos militares das Guerras cántabras (27-19 s.C.).

MOEDA CASE ÚNICA

Á hora de abrir o expediente tívose en conta que é unha moeda “case” única, insiste a Xunta, xa que existen outros dous máis. O exemplar que se atopa en Galicia adquiriuse nunha poxa en Nova York en 1999. En canto ás outras dúas moedas coñecidas, unha delas atopouse nunha escavación arqueolóxica en 2005 en Portugal e actualmente convérsase no Museo de Arqueoloxía don Diego de Sousa, e da outra non se coñece o seu paradoiro actual.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

Dous irmáns lucenses, promesas do piragüismo español

Un día de semana ás 10:00 horas da mañá en pleno verán, Hugo Argiz e...

O pleno municipal aproba esixir á Xunta que garanta o dereito das mulleres a abortar na provincia

O pleno do Concello de Lugo aprobou este venres, co voto a favor de...

Un conductor ferido grave tras caer por un terraplén no Corgo

O condutor dun vehículo resultou ferido de gravidade tras saírse da vía e caer por un...

Doa sangue e levarás gratis unha entrada para o cinema

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e o Centro Comercial As...