InicioLugo e contornaLugo"Preocupación" nas empresas de Lugo pola alza dos prezos: "moitos imos ter...

“Preocupación” nas empresas de Lugo pola alza dos prezos: “moitos imos ter que pechar”

Piden medidas da banda do Goberno central para poñer fin á situación.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A patronal de Lugo móstrase “moi preocupada” polos custos enerxéticos disparados, o que abocará ao peche de “moitas empresas” na provincia. O secretario xeral da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL), Jaime López, expresou que se palpa “moitísima preocupación, en todos os ámbitos empresariais”.

“Os custos enerxéticos están disparados, logo tamén está o das materias primas, como pensos e fertilizantes, porque somos moi dependentes en Lugo dun sector tan relevante como o agroalimentario”, sostén.

“Hai que ver que medidas van tomar desde o Goberno central e desde os gobernos autonómicos para paliar esta situación, porque isto podería abocar ao peche de moitas empresas e que a xente se vaia á rúa”, avisou.

En canto ao Executivo central, aprema a que “tome medidas respecto da factura enerxética, xa non só para industrias electrointensivas senón para empresas pequenas que teñen uns custos en loxística que son moi relevantes”.

“Vimos pedindo solucións e intervir nese conflito da dependencia enerxética que ten o noso país e a Unión Europea de Rusia”, reivindicou o secretario xeral da CEL, Jaime López.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

Cae unha parte do lenzo interior da Muralla de Lugo tras días de choivas intensas e este luns comezará a reparación

Unha parte do lenzo interior da Muralla de Lugo, situado na rúa do Moucho...

Entrega Premios Empresarias de Galicia 2026 a cinco empresarias

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, asistiu este venres en Santiago de...

As Nogais homenaxea a tres veciños deportados a campos nazis coa colocación de ‘storpelsteine’

As Nogais homenaxeou este sábado a tres veciños que foron deportados a campos de...

A Deputación de Lugo denuncia que o PP falsea o alcance das sentenzas de Tragsa

A Deputación de Lugo aclara con rigor xurídico, base normativa e fidelidade ás resolucións...