InicioLugo e contornaLugoA nova empresa concesionaria da limpeza en Lugo deixa atrás anos de...

A nova empresa concesionaria da limpeza en Lugo deixa atrás anos de “sistema desfasado”, segundo a alcaldesa

O prego de condicións "marca que son oito meses e un ano para o cambio de colectores e a renovación total do parque móbil, por tanto, iso é o que teñen que cumprir", indica a alcaldesa de Lugo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, celebrou o cambio da empresa concesionaria da limpeza para a cidade despois de anos “cun sistema desfasado”.

A xunta de goberno aprobou este mércores a nova adxudicación, que se estende por dez anos e cun custo de case 118 millóns de euros. Méndez destacou que se “trata dun día importante para a cidade porque temos un sistema que quedou desfasado e estaba pouco dimensionado coa realidade de Lugo”.

“Era unha concesión, como se facía antes, de moitos anos e foise parcheando para dar cobertura nas necesidades”, subliñou. A rexedora resaltou que se produce “un salto cualitativo e cuantitativo, duplícase o investimento anual por este servizo e vanse a mellorar en moitos aspectos, como o cambio de colectores ou ampliando o persoal e recursos materiais”.

“Toda a infraestrutura móbil vaise a modernizar, máis aló dos propios colectores que serán máis accesibles e garántese a sustentabilidade”, pormenorizou.

Méndez sinala que se chega ata aquí “despois dun complexo trámite administrativo que o foi, porque lexitimamente as empresas pelexaron pola concesión ata o final, porque querían ser beneficiarias dese procedemento de licitación”.

Tras a aprobación en xunta de goberno, agora queda “arranxar todo o papelorio para asinar o contrato, e unha vez asinado iniciarase de inmediato, aínda que será un proceso paulatino porque non se poden cambiar os 4.000 colectores que se lles esixe de golpe”.

Empezaremos polos lugares que estean máis deteriorados e de maior afluencia poboacional, e iso será o obxectivo que se marque a nova empresa, para que, de maneira progresiva pero sen pausa, se vaia facendo todo o que se recolle no prego”, concretou.

O prego de condicións “marca que son oito meses e un ano para o cambio de colectores e a renovación total do parque móbil, por tanto, iso é o que teñen que cumprir”, indica a alcaldesa de Lugo.

ÚLTIMAS

Complicacións na montaña de Lugo pola neve e o xeo

A Deputación de Lugo traballa desde este luns para facer fronte a un episodio...

A Garda Civil apunta ao factor humano no accidente mortal da A-8 en Guitiriz

A Garda Civil de Tráfico fíxose cargo da investigación do accidente do pasado venres...

O PSdeG confía en que o goberno de Lugo aprobe os orzamentos tras a saída de María Reigosa

A secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez, mostrou a súa confianza en que...

Once empresas optan ás obras do tramo final da autovía AG-22 entre Lugo e Sarria

A Xunta recibiu 11 ofertas de empresas para executar o último tramo da autovía...