InicioLugo e contornaLugoAs distribuidoras de enerxía terán que pagar unha taxa en Lugo pola...

As distribuidoras de enerxía terán que pagar unha taxa en Lugo pola ocupación do espazo público

A área de Facenda Local vén de redactar unha Ordenanza coa que regular o aproveitamento do dominio público que estas empresas realizan para transportar enerxía eléctrica, gas, auga e hidrocarburos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Rematou a amnistía fiscal para as grandes distribuidoras de enerxía. A decisión obedece á vontade da alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, de acadar unha equidade tributaria que atenda a criterios de proporcionalidade de acordo a ocupación que estas empresas fan do espazo público para obter beneficios económicos.

Así, a área de Gobernanza, á que pertence Facenda Local, vén de redactar unha nova Ordenanza municipal coa que se regulará a taxa para gravar o aproveitamento especial do dominio público – tanto no solo, como no subsolo e no voo – coa que se determinará o importe da afección que estas compañías ocasionan sobre os bens municipais ou comunais.

“O importe da mesma – segundo explicou a tenente de alcaldesa, Paula Alvarellos – fíxose tomando como referencia o valor que tería no mercado a utilidade derivada deses usos, atendendo a un informe técnico – económico no que xa se contempla a realidade do mercado. De maneira que a cota tributaria será o resultado de aplicar un tipo impositivo á base impoñible na que se ten en conta ese valor directo das instalacións e da súa ocupación”.

Alvarellos Fondo referiu que, co fin de respectar as esixencias do Tribunal Supremo nas sentenzas que motivan esta Ordenanza establecéronse, ao efecto, dous tipos impositivos diferentes en atención da intensidade do uso do dominio público local.

Por unha banda, aplicarase un tipo do 5% para os aproveitamentos especiais das instalacións tales como caixas de amarre, liñas subterráneas, torres metálicas, apoios, transformadores, depósitos ou outros elementos similares e, pola outra, o 2’5% para o aproveitamento dos restantes elementos tales como liñas aéreas ou cables de transporte de enerxía”, afirmou a concelleira.

Deste xeito, a norma acompañarase dun cadro de tarifas – segundo sexan liñas aéreas ou subterráneas de alta tensión ou destinadas á subministración de gas e hidrocarburos – que as empresas deberán abonar, con carácter anual, en réxime de autoliquidación e que poderá ser verificada pola Administración local para, no seu caso, practicar a liquidación complementaria.

“Precisamente, neste sentido, estase a elaborar un estudo – inventario para coñecer cal é o impacto deste tipo de infraestruturas sobre o municipio e as ocupacións privativas nas que derivan o que permitirá o posterior labor de inspección”, adiantou a edil.

“O propio estudo, cuxa elaboración se acompasou coa redacción da norma e, toda vez que a nova taxa entre en vigor, serán dúas ferramentas esenciais para a consecución dunha fiscalización máis eficiente e xusta para todo o tecido social, rematando así cunha eiva tributaria que supoñía un agravio comparativo dentro do sector produtivo pero tamén unha perda da potestade recadatoria municipal”, concluíu a tenente de alcaldesa, Paula Alvarellos.

ÚLTIMAS

Dous irmáns lucenses, promesas do piragüismo español

Un día de semana ás 10:00 horas da mañá en pleno verán, Hugo Argiz e...

O pleno municipal aproba esixir á Xunta que garanta o dereito das mulleres a abortar na provincia

O pleno do Concello de Lugo aprobou este venres, co voto a favor de...

Un conductor ferido grave tras caer por un terraplén no Corgo

O condutor dun vehículo resultou ferido de gravidade tras saírse da vía e caer por un...

Doa sangue e levarás gratis unha entrada para o cinema

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e o Centro Comercial As...