InicioLugo e contornaLugoO BNG vencella á extrema dereita as pintadas ameazantes contra Rubén Arroxo

O BNG vencella á extrema dereita as pintadas ameazantes contra Rubén Arroxo

O edil denuncia as "ameazas de morte" que xa foron limpadas por operarios do Concello.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O BNG vencella as pintadas que ameazaban ao tenente de alcaldesa do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, a sectores da extrema dereita na cidade. As pintadas apareceron este pasado martes na rúa Montero Ríos, nas que se tachaba a Arroxo como “cono”, en base ás obras que desenvolven desde as áreas nacionalistas no Concello, e que sinalaban ‘Cono bo, o cono morto’. Ademais noutro debuxo líase ‘BNG ladróns fascistas’.

Ambas xa foron eliminadas ao longo da mañá deste mércores polo persoal de limpeza do Concello de Lugo, en concreto por traballadores de Urbaser. Por parte do Bloque Nacionalista Galego teñen claro o “vínculo” con sectores da extrema dereita, que tamén salpican as redes con alusións ao propio Arroxo.

O tenente de alcaldesa do Concello cualificou o feito “de lamentable”. “Nunha cidade como Lugo onde se adoita dicir que todos nos coñecemos e, ademais, unha cidade moi respectuosa haxa elementos que se dediquen a facer pintadas con ameazas de morte”, lamentou.

Rubén Arroxo ten claro que ditas “ameazas” vén dadas por “cuestións puramente ideolóxicas, neste caso de odio ideolóxico”, reflexiona. Ao seu xuízo trátase de “persoas que non aceptan o papel do BNG no goberno do Concello de Lugo e que está por mellorar a cidade”. “A súa ira lévaos a unha frustración que acaban nestas pintadas con ameazas de morte”, concluíu Arroxo.

ÚLTIMAS

Altri reúnese coa Asociación Agraria de Galicia e reivindica a sustentabilidade ambiental do seu proxecto

Membros do equipo directivo de Greenfiber (Altri), a compañía que proxecta unha fábrica de...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Feridas varias nenas ao ceder unha randeeira nun parque do Club Fluvial

Varias nenas resultaron feridas o pasado fin de semana na cidade de Lugo ao...

Identificado un veciño de Lugo por danar un bolardo e quitar outro porque dificultaba o xiro para entrar na súa propiedade

Axentes da Policía Local de Lugo levantaron acta por danos na vía pública e...