InicioEconomíaEstas son as 28 propostas de Lugo Monumental para os Orzamentos Participativos

Estas son as 28 propostas de Lugo Monumental para os Orzamentos Participativos

A asociación empresarial ofrece colaboración e apoio económico para proxectos vencellados con urbanismo, mobilidade, turismo, festas, Praza de Abastos ou parques infantís

PUBLICADA O

- Advertisement -

A asociación empresarial Lugo Monumental recolleu as propostas dos seus asociados e rexistrou 28 iniciativas nos Orzamentos Participativos da Concellería de Cidadanía. Dende a patronal lucense explican que detrás dun espírito crítico debe existir a capacidade de propor e ser construtivos, e ao tempo que valoran a posta en marcha desta ferramenta, ofrecen a súa colaboración e incluso achega económica para levar a cabo algunhas das ideas.

Así, dentro do programa colaborativo do Concello de Lugo, os empresarios lucenses recollen 28 demandas que, esperan, acadarán un amplio consenso popular. Entre elas hai cuestións defendidas no pasado por Lugo Monumental e outras de novidoso corte, en especial as referidas á Praza de Abastos. En conxunto, as iniciativas da asociación abranguen cuestións de urbanismo, mobilidade, turismo, festas e outras colaboracións co tecido empresarial.

Para a mellora e dinamización do casco histórico da cidade, os empresarios adican especial atención nos Orzamentos Participativos a instalación de parques infantís, o funcionamento da venda de alimentos, as fontes no percorrido do Camiño Primitivo, e a celebración da natividade –coa proposta dun Carrusel na Praza da Soidade– ou do Magosto, na ponte do primeiro de novembro.

Urbanismo
Eliminación de barreiras arquitectónicas na Porta Falsa
Mellora de seguridade nos pasos peonís
Posta en funcionamento das fontes da Porta Miñá e da Rúa Nova
Colocación de papeleiras no casco histórico

Mobilidade
Campaña de aparcadoiro de balde no casco histórico

Turismo
Instalación de cámaras web turísticas
Sinalización turística na Estación de Autobuses
Placas Patrimonio da Humanidade
Mejora de señalización del Camino Primitivo
Sinalización con puntos LED do Camino Primitivo

Novos parques infantís
Praza da Soidade
Praza de Ferrol
Praza de San Marcos
Praza Maior

Empresa
Distintivos para os locais más antigos da cidade
Campaña de información sobre acceso de mascotas

Festas
Carrusel de Nadal na Praza da Soidade
Organización dun Magosto Popular no casco histórico

Praza de Abastos
Mercados diarios
Decoración de Nadal
Ludoteca
Wifi
Dotación de bicicletas eléctricas a Praza de Abastos e Mercado para reparto
Sinalización interior
Sinalización urbana da Plaza de Abastos
Instalación de consignas de uso profesional (refrixeradas)
Instalación de consignas de uso público

Piden que o busto de Juan Montes pase á praza Santo Domingo

+ posts

ÚLTIMAS

Homenaxe á Rede Museística Provincial de Lugo no seu XX aniversario por parte de 50 especialistas

A Rede Museística Provincial de Lugo (RMPL) recibiu unha emotiva homenaxe no Pazo de...

Fernández acusa a Candia de frear a reforma da Avenida da Coruña: “É un erro estratéxico”

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, cualificou hoxe de "gravísimo erro estratéxico"...

Investigan dúas persoas por presunta fraude de 105.000 euros a dous concellos da provincia de Lugo

A Garda Civil de Lugo investigou a dúas persoas, residentes nas provincias de Murcia...