InicioSucesosA Policía investiga a un detido en relación cos casos de agresión...

A Policía investiga a un detido en relación cos casos de agresión sexual en Lugo

Un home foi detido nun dispositivo da Policía Nacional polo intento de agresión sexual a unha muller no centro de Lugo a pasada madrugada

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes do Corpo Nacional de Policía detiveron a un home por un intento de agresión sexual en Lugo na madrugada do venres. Supostamente, esta persoa tentou asaltar a unha muller cando entraba no seu portal nunha céntrica rúa, pero os berros da vítima alertaron aos veciños, que acudiron no seu auxilio e avisaron ás forzas da orde pública.

Malia que o asaltante fuxiu do lugar ao ver o seu intento frustrado, a rápida activación dun dispositivo policial rematou coa detención do sospeitoso. Agora, a Policía pescuda os feitos e tenta esclarecer se existe relación entre o detido e outros casos de agresión sexual en Lugo, coma o do pasado 26 de agosto, cando un home quixo arrastrar a unha muller a un descampado do barrio do Carme.

Fontes da investigación evitaron vencellar estes feitos, limitándose a confirmar que contemplan a posibilidade de que poida ter relación con intentos anteriores aínda por resolver. Segundo apuntou Europa Press, o detido é un home de 30 anos e residente en Lugo, e permanecerá nas dependencias policiais ata pasar a disposición xudicial.

 

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación incrementa o patrocinio para o Caudal Fest reforzando a proxección turística de Lugo

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres o contrato de...

O Concello de Lugo aprobará o proxecto dunha residencia de anciáns no barrio de Recatelo

A xunta de goberno de Lugo aprobará o vindeiro luns o proxecto para a...

Un incendio activo en Lugo xa arrasou dúas hectáreas

A parroquia lucense de Orbazai, no lugar de Penarrubia, rexistra este xoves un incendio...

O Concello de Lugo entrega licenza de primeira ocupación do Polígono 2 da Louzaneta

O Concello de Lugo entregou o primeiro título de primeira ocupación correspondente ao Polígono...