InicioLugo e contornaLugoA covid segue subindo en Lugo pero a un ritmo menor

A covid segue subindo en Lugo pero a un ritmo menor

A área lucense mantense por riba dos 6.000 casos activos tras sumar outros 129 contaxios.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os casos activos de Covid-19 seguen en aumento, aínda que a menor ritmo que días anteriores, e pasan a barreira dos 62.000, ao situarse en 62.693 (+1.058), mentres que os novos contaxios sitúanse por baixo dos 4.000 (3.557). Continúan incrementándose os hospitalizados, con 409 pacientes –que supoñen 15 máis que o día anterior–. Pola súa banda, a taxa de positividade baixa ata o 26,01%.

Segundo os datos actualizados na mañá deste sábado pola Consellería de Sanidade, con rexistros ata as 18,00 do venres, mantéñense en 51 as persoas ingresadas en UCI pola Covid-19 en toda Galicia, pero aumentan a 358 as hospitalizadas noutras unidades –15 máis–. Por áreas sanitarias, na de Lugo mantéñense cinco ingresados en críticos –sen cambios– pero soben a 27 os doutras unidades –dous máis–.

MÁIS DE 62.000 CASOS

Os casos activos de Covid-19 seguen en ascenso en Galicia ata os 62.693, cifra récord desde o inicio da pandemia, 1.058 máis que os rexistrados ata o día pasado, ao haber de novo máis contaxios (3.557), que altas (2.492), ao que se engaden oito falecementos. O maior aumento de casos activos corresponde á área de Ourense (+352), seguida da da Coruña (+207), Vigo (+186), Lugo (+129), Santiago (+117), Pontevedra (+36) e Ferrol (+31).

Así,con máis casos activos mantense a área sanitaria de Vigo, con 13.745; seguida da da Coruña e Cee, con 11.804; Santiago e Barbanza, con 11.472; Ourense, con 7.806; Pontevedra e O Salnés, con 7.530; mentres que a de Lugo se sitúa con 6.311; e á cola segue a de Ferrol, con 4.025. Segundo os últimos datos actualizados polo Ministerio de Sanidade este venres, a incidencia acumulada a 14 días de Galicia sobe a 2.597,08 3 casos por 100.000 habitantes, fronte aos 2.722,27 de media en España.

Nas últimas 24 horas leváronse a cabo en Galicia 8.429 PCR, o que eleva a 3.402.344 as realizadas ata o momento; e 7.746 test de antígenos, que suman 1.208.092 desde o inicio da pandemia, o que supoñen 16.175 probas feitas entre ambas. En canto á taxa de positividade en PCR –número de infeccións detectadas cada 100 test–, baixou ata o 26,01% desde o 29,06% do venres, tras situarse no 24,15% este xoves, no 23,3% o mércores, descender ao 21,88% o martes e iniciar esta semana cun 28,54%. Por tanto, mantense moi por enriba do limiar do 5% que fixa a Organización Mundial da Saúde (OMS) para dar por controlada a pandemia.

ÚLTIMAS

A redacción do proxecto para construír unha residencia na Pastoriza será financiada pola Xunta

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, reuniuse co alcalde da Pastoriza,...

Abadín rexistra 62 litros por metro cadrado debido á borrasca Caetano

A borrasca Caetano, que este xoves obrigou a activar diferentes alertas laranxa e amarela...

Un bus urbano causa danos nunha vivenda en Lugo tras saírse da vía e un dos pasaxeiros resulta ferido

Un bus urbano de Lugo sufriu este xoves un accidente de tráfico e causou danos nunha...

Detida unha muller de 20 anos de idade tras tentar introducir marihuana no centro penal de Monterroso

A Garda Civil detivo a unha muller de 20 anos de idade, veciña de Pontevedra, como presunta...