InicioSociedadeGarda Civil e Policía velarán polo cumprimento das restricións en Lugo

Garda Civil e Policía velarán polo cumprimento das restricións en Lugo

A subdelegada do Goberno en Lugo volveu realizar un chamamento á prudencia e responsabilidade da cidadanía nestes días de Nadal.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Garda Civil e a Policía Nacional coordinarán labores de control coa Policía Autonómica e Local en distintos municipios da provincia de Lugo para garantir o cumprimento das restricións impostas pola Xunta, que estarán vixentes entre o 31 de decembro e o 18 de xaneiro.

Precisamente, a subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, presidiu unha reunión extraordinaria de coordinación das forzas e corpos de seguridade ante as novas medidas previstas polas autoridades sanitarias debido ao aumento na incidencia da covid-19.

No encontro, que contou coa participación de mandos do Corpo Nacional de Policía, a Garda Civil, a Policía Autonómica e a Policía Local de Lugo, anunciou o establecemento de dispositivos de seguridade para garantir o cumprimento das restricións en horarios e aforamentos en locais de hostalaría, o toque de queda ou a posible celebración de concertos ou eventos masivos.

Así, axentes da Policía Nacional e a Garda Civil coordinaranse con efectivos das policías locais e autonómicas os operativos que se establecerán nos distintos concellos da provincia para dar cumprimento ás medidas adoptadas pola Xunta.

Neste sentido, a subdelegada do Goberno en Lugo incidiu na importancia da colaboración e coordinación institucional para loitar contra a pandemia e diminuír o seu impacto. Ademais, volveu realizar un chamamento á prudencia e responsabilidade da cidadanía para manter o cumprimento das medidas establecidas polas autoridades sanitarias.

ÚLTIMAS

O TSXG revisa este luns o recurso do condenado polo asasinato de Cristina Cabo

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) acollerá este luns a vista de...

Restablecida a circulación ferroviaria entre Monforte e Lugo tras unha rotura “intencionada” da catenaria

A circulación ferroviaria entre Monforte de Lemos e a parroquia de Laxosa, no Corgo...

Renfe establece un plan alternativo por estrada entre Monforte de Lemos e Lugo pola rotura da catenaria

A circulación ferroviaria entre Monforte de Lemos e a parroquia de Laxosa, no concello...

Lugo inicia os trámites para abrir o novo comedor escolar de Fingoi II tras o anuncio da Xunta

O tenente de alcalde de Lugo, Rubén Arroxo, e a concelleira de Educación, Iria...