InicioSociedadeO Xulgado do Penal nº 2 de Lugo especializarase en violencia machista

O Xulgado do Penal nº 2 de Lugo especializarase en violencia machista

Así o decidiu o Consello Xeral do Poder Xudicial.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Comisión Permanente do Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ) acordou este xoves a especialización de seis xulgados do penal para o enxuizamento e execución de asuntos de violencia sobre a muller nos partidos xudiciais de Lugo, Badaxoz, Logroño, Salamanca, Móstoles (Madrid) e Donostia-San Sebastián.

Tal e como explicou o órgano de goberno dos xuíces, esta decisión, que en Lugo afecta o Xulgado do Penal número 2 da cidade, enmárcase no acordo adoptado en febreiro de 2020, a proposta da presidenta do Observatorio contra a Violencia Doméstica e de Xénero, Ángeles Carmona, co fin de dar cumprimento ao Pacto de Estado asinado por todas as forzas parlamentarias en 2017 e ao mandato contido na Lei Orgánica do Poder Xudicial.

+ posts

ÚLTIMAS

Detido en Lugo un home por acosar e tentar bicar a unha muller na estación de autobuses tras varios altercados

A Policía Local de Lugo detivo a un home acusado de tratar de agredir...

Activado o protocolo sanitario nunha escola infantil de Lugo ante dous posibles casos de sarna

A Concellaría de Educación do Concello de Lugo activou o protocolo...

A Deputación garante o transporte escolar en Cervantes na LU-P-1402 despois dos danos causados pola choiva

A Deputación de Lugo garantirá a circulación do transporte escolar ao seu paso pola...

O PP de Lugo denuncia o mal estado do pavimento no Casco Histórico

O PP afirma que hai un problema estrutural no Concello de Lugo a conta...