InicioPolítica O BNG organiza o desbroce entre os paseos do Miño e...

[Vídeo] O BNG organiza o desbroce entre os paseos do Miño e o Rato

O BNG organiza unha brigada de desbroce no paso de 300 metros entre os dous paseos para amosar que a limpeza non suporía un esforzo para o Concello

PUBLICADA O

- Advertisement -

“Temos o luxo de vivir nunha cidade rodeada de espazos que son unha autentica marabilla, mais a pesar disto as administracións fan moi pouco por mantelas atendidas”. Así xustificou Rubén Arroxo, candidato do Bloque Nacionalista Galego á alcaldía de Lugo, a organización dunha brigada para desbrozar a vexetación no paso que une os paseos do Rato e o Miño. A formación xa anunciara a reedición desta medida para forzar ao Concello a limpar o camiño, á beira da N-VI.

O voceiro nacionalista explicou que resulta “pouco coherente” que a administración esixa a limpeza dos terreos aos respectivos propietarios cando incumpre a mesma normativa. O BNG, que xa realizara este acto simbólico hai un ano, segue a reivindicar un paso accesible e coidado que conecte os parques dos ríos Miño e Rato.

Coa roza deste sendeiro, duns 300 metros, a fronte rupturista tenta amosar que a limpeza apenas suporía esforzo para o Concello. “Non é aceptable que se deixe pechar o camiño pola maleza; non era posible cruzarse dúas persoas”, explicou Arroxo, crítico coa falta de previsión e a xestión dos espazos verdes da cidade de Lugo.

 

 

+ posts

ÚLTIMAS

Os bombeiros intentan sufocar un incendio en Xermade

Equipos de bombeiros atópanse actualmente traballando na extinción dun lume declarado na parroquia de...

Xunta e Deputación de Lugo avanzan no consenso sobre o anteproxecto da Lei de Administración Local

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado da directora xeral de...

Senadores do PP de Lugo sinalan que o Goberno non acometerá a rehabilitación da N-120

Senadores do PP de Lugo advertiron de que o Goberno central recoñece nunha resposta...