InicioLugo e contornaDous anos de prisión e 300 euros de multa tras agredir a...

Dous anos de prisión e 300 euros de multa tras agredir a un mozo por unha bandeira de España

PUBLICADA O

- Advertisement -

Dous mozos foron condenados a dous anos de prisión e a pagar unha multa de 300 euros, respectivamente, tras agredir a outro en Lugo que portaba unha bandeira publicitaria coa bandeira de España. O proceso celebrouse este mércores no xulgado do penal nº2 de Lugo e saldouse con conformidade tras recoñecer os dous acusados os feitos que se lles imputaban.

Segundo fontes xudiciais, un deles aceptou ser condenado a dous anos de cárcere e ao pago dunha multa de 300 euros, que tamén deberá abonar o segundo implicado.

Ambos consignaron en concepto de indemnización un total de 1.631 euros (queda por pagar 2.022 euros) e acordouse suspender a pena de prisión coa condición de non delinquir durante un prazo de dous anos.

Segundo o escrito da Fiscalía, os feitos rexistráronse durante a madrugada do 15 de outubro de 2017, na praza de Lugo, sobre as 5,30 horas.

Os acusados, D.L.M. e D.C.S., dirixíronse cara a outro mozo, A.L.R., que se atopaba en compañía dos seus amigos e portaba unha bandeira publicitaria coa bandeira de España, dicíndolles que eran uns fachas e que ao símbolo faltáballe unha cor.

Nun momento un deles empezou a darlle puñadas a este mozo e ao pouco uniuse o seu acompañante, co propósito de menoscabar a súa integridade física. Unha terceira persoa, unha moza, interveu na disputa e recibiu un golpe cunha botella na parte de detrás do pescozo, terminando no chan.

Así mesmo, outra moza acudiu a auxiliar a A.L.R. ao ver que sangraba, taponándolle a ferida, momento en que un dos acusados deulle un empurrón.

+ posts

ÚLTIMAS

Fernández reclama a renovación da rede de abastecemento en Paradai

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, visitou esta semana o barrio de...

Candia fai chegar á subdelegada do Goberno prioridades en seguridade, mobilidade e infraestruturas

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo hoxe unha reunión institucional coa subdelegada do...

Case corenta detidos por roubo de 140 Km de cable de cobre en varias provincias, entre elas Lugo

A Garda Civil detivo a 39 persoas nas provincias de Ávila, La Rioja e...

O Parlamento galego apoia por unanimidade a candidatura de Lugo para acoller a Axencia Estatal de Saúde Pública

O Parlamento galego pide á Xunta que impulse o apoio á candidatura de Lugo...