InicioLugo e contornaLugoChaman a encher a muralla de Lugo de bandeiras estreleiras nun acto...

Chaman a encher a muralla de Lugo de bandeiras estreleiras nun acto reivindicativo

Polo momento hai 250 persoas que comprometeron a súa asistencia, aseguran.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Chaman á “participación masiva” para encher a Muralla de Lugo de bandeiras estreleiras. A iniciativa vén da man da plataforma Estreleira.gal, que este xoves 23 fixo un chamamento por redes sociais para sumarse a unha convocatoria orientada á homenaxe da bandeira independentista galega, coincidindo co centenario do primeiro izado da mesma nun edificio público.

A convocatoria queda fixada para o vindeiro 21 de novembro ás 12:30. O obxectivo pasa por conseguir unha cadea humana de estreleiras que abranga a totalidade da muralla de Lugo. Polo momento, destacan dende a organización, hai xa unhas 250 persoas que confirmaron a súa participación no acto reivindicativo. A plataforma, porén, agarda sumar un maior número de participantes para “multiplicar” o tamaño da muralla romana e completar un perímetro de 2km.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...