InicioSociedadeDenuncian un local hostaleiro por incumprir o horario de peche e a...

Denuncian un local hostaleiro por incumprir o horario de peche e a catro persoas por non usar máscara

A estas engádense dúas actas de denuncia por infracción á Lei de Seguridade Cidadá por falta de respecto aos axentes da autoridade.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo tramitou este pasado fin de semana unha denuncia a un local de hostalaría da capital luguesa por incumprir o horario de peche a outro catro a persoas por non usar a máscara.

Segundo informa a Policía Local, durante a madrugada deste pasado sábado e domingo, efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo estableceron dispositivos para o control da normativa Covid na que realizaron varias denuncias.

As mesmas fontes municipais puntualizaron que se realizaron catro actas denuncia por infracción á Lei de Saúde galega por non facer uso de máscara; outra de infracción á Lei de Residuos de Galicia por ouriñar na vía pública, así como unha por quebrantamento de horario de peche dun local de hostalaría.

A estas engádense dúas actas de denuncia por infracción á Lei de Seguridade Cidadá por falta de respecto aos axentes da autoridade.

+ posts

ÚLTIMAS

Vilalba levará un orzamento de 14 millóns de euros ao pleno do 26 de marzo

A alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco, destacou que estas contas “responden a unha idea...

O PP cre que a Deputación de Lugo manterá pechado o complexo turístico e Augasmestas

Os deputados do Grupo Provincial Popular, Antonio Ameijide e Luis Fernández, xunto ao voceiro...

Toman declaración ao ferido en Lugo mentres segue a busca do autor do disparo, xa “plenamente identificado”

A Policía Nacional de Lugo mantén aberta a investigación para esclarecer as circunstancias dunha...

A Presidenta abre a tempada das rutas fluviais pola Ribeira Sacra e que conta xa con case 14.000 reservas

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, acompañada de deputados e deputadas provinciais...