InicioLugo e contornaLugoDenunciado en Lugo por viaxar nun patinete con outra persoa e chamar...

Denunciado en Lugo por viaxar nun patinete con outra persoa e chamar “lerchos” aos axentes

Outra moza foi proposta para sanción por chamar "fillos de puta" aos policías

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Lugo tramitaron denuncia por suposta infracción da Lei de Seguridade Cidadá contra un home que viaxaba nun patinete eléctrico xunto a outra persoa (este tipo de vehículos só poden levar un ocupante) e que insultou aos funcionarios que interviñeron.

Segundo informaron fontes municipais, os feitos tiveron lugar á primeira hora da tarde do sábado, cando axentes da Policía de Barrio interceptaron un patinete eléctrico ocupado por dúas persoas.

Durante a intervención, o condutor dirixiuse aos policías “a berros” solicitando unha folla de reclamacións e, aínda que estes informáronlle do procedemento que debía seguir para presentar alegacións, este mantivo a súa actitude e chegou a chamar “lerchos” aos axentes. Ademais, no lugar presentáronse os proxenitores do denunciado, que tamén “tentaron interferir na actuación policial.

INSULTOS A AXENTES

Por outra banda, na madrugada do domingo, produciuse outro incidente cando unha dotación prestaba servizo de prevención na Praza de Pío XII. Cando os axentes pasaron á beira dun grupo de persoas, unha moza de 19 anos fixo un comentario despectivo: “Policías, fillos de puta“.

A moza repetiu o comentario en tres ocasiones e, cando foi requirida polos axentes para que se identificase, tentou fuxir á carreira. No entanto, foi interceptada e proposta para sanción, aínda que a moza asegurou que “volvería facelo”.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A xuízo un home por agresión sexual á súa exparella cando esta decidiu deixar a relación

A Audiencia Provincial de Lugo xulgará o vindeiro xoves, día 12, a un home...