InicioLugo e contornaA Deputación de Lugo inviste 22.500 euros para formar as empresas da...

A Deputación de Lugo inviste 22.500 euros para formar as empresas da provincia en novas tecnoloxías

Estará orientado a empresas coordinadas por mulleres.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputación de Lugo subscribirá un acordo de colaboración coa Asociación de Mulleres Empresarias da provincia, por un importe de 22.500 euros, destinado a impulsar formación TIC dirixida a este sector. O deputado de Promoción Económica e Social da Deputación de Lugo, Pablo Rivera Capón, informou este venres do acordo, encamiñado a aproximar a estas cidadás e empresarias “ás novas tecnoloxías”.

“Axudará a converter os negocios en espazos máis competitivos no mundo en liña mediante a mellora da web ou o uso das redes sociais e blogues”, destacou. Pablo Rivera enmarcou esta axuda dentro da liña de colaboración da entidade con “o tecido asociativo e empresarial da provincia”.

Ademais, a xunta de goberno tamén deu luz verde á compra dun novo camión para o parque móbil provincial por un importe de preto de 150.000 euros. O vehículo, composto por unha cabeza tractora con semirremolque tipo bañeira, permitirá “seguir mellorando no mantemento e a conservación das estradas provinciais e municipais”, matizou Rivera Capón.

+ posts

ÚLTIMAS

A presidenta da Deputación de Lugo subliña que a igualdade “ten que ser o eixo” que marque calquera decisión

A presidenta da Deputación de Lugo e alcaldesa de Burela, Carmela López, subliñou este...

A Deputación de Lugo adxudica por 300.000 euros obras en Adolfo Suárez e na estrada de Pantón

A Deputación de Lugo deu luz verde a dúas novas actuacións na rede viaria...

Deputación inviste case 300.000 euros para proxectos viarios en Lugo e Pantón

A Deputación de Lugo aprobou este venres a adxudicación de dous proxectos para continuar...

O Concello de Lugo lamenta que a Xunta non lles transmita información sobre o Plan Director da Muralla

O Concello de Lugo solicitou oficialmente á Xunta de Galicia a entrega do Plan...