InicioEconomíaA hostalaría lucense confía no regreso inminente do consumo nas barras dos...

A hostalaría lucense confía no regreso inminente do consumo nas barras dos locais

"O dano que se lle fixo á hostalaría foi tremendo. Na miña opinión, nesta situación, son as autoridades sanitarias quen teñen que levar as rendas; non as xuristas", critican desde a asociación provincial de hostaleiros.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da asociación provincial de hostaleiros de Lugo, Cheché Real, mostrouse confiado en que o regreso do consumo nas barras dos establecementos hostaleiros sexa “en breve”. “Necesitamos traballar nas barras despois de máis dun ano sen poder facelo“, remarcou.

Á espera de como se pechará o protocolo de uso das barras, o responsable da entidade provincial puntualizou que “as novas medidas nas que traballa a Xunta co sector, non serían necesarias se o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) permitise a petición do certificado covid para entrar nos locais”.

“O dano que se lle fixo á hostalaría foi tremendo. Na miña opinión, nesta situación, son as autoridades sanitarias quen teñen que levar as rendas; non as xuristas”, criticou.

A Xunta prepara novas fórmulas para evitar os sobe e baixa nas restricións que sofren os locais. Mentres espera coñecer o resultado do recurso presentado ante o TSXG sobre o certificado de vacinación. “Insistímoslle á Xunta que armase ben ese recurso. Hai unha gran porcentaxe de xente xa vacinada. Ninguén está libre de ser infectado, pero é outra seguridade”, subliñou Cheché Real.

Entre as opcións que barallan, estudan que as restricións non dependan do nivel de contagios, se non da seguridade que ofrece o establecemento. “Propuxémolo buscando as mellores opcións para poder chegar a fin de mes”, destacou.

CONCURSO DE TAPAS

Cheché Real participou este luns na presentación dunha nova edición do concurso de tapas da cidade de Lugo, que se traslada ao mes de novembro (entre o 5 e o 21).

“Démonos conta de que hai que pór en marcha a maquinaria do turismo e a gastronomía. Un exemplo é o concurso de tapas de Lugo; virán máis. Esperemos que a situación sanitaria continúe mellorando e podamos celebralos”, informou.

ÚLTIMAS

Polémica en Lugo polas obras de conexión de Lugo con Sarria

A Xunta de Galicia respondeu ao alcalde de Lugo, Miguel Fernández, asegurando que non existe...

Un mozo que violou a unha menor dúas veces nun hotel de Lugo evita o cárcere tras un acordo

Un mozo de Lugo logrou evitar o cárcere tras aceptar unha condena de dous...

Acordo entre Xunta e Concello de Lugo para reformar xa a rúa Serra de Meira con 937.000 euros

O Goberno galego e o Concello de Lugo desbloquearon a reforma da rúa Serra...

O Concello amosa a súa “preocupación” ante o “atraso” na autovía Nadela-Sarria

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, expresou este martes a súa "profunda preocupación" polo novo...