InicioSociedadeO Banco de Alimentos de Lugo, con reservas só para un mes

O Banco de Alimentos de Lugo, con reservas só para un mes

A organización mantense "á espera" da doazón de diñeiro que "o concello de Lugo dixo que ía dar para alimentos".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Banco de Alimentos de Lugo ten reservas para un mes, “ata mediados de setembro”, segundo alertou este luns a súa presidenta, Amadora Núñez.

Núñez recalca que supuxo un certo alivio “o que achegou o pobo de Lugo a través do Gadis, que foron sete toneladas de arroz; a Fundación Reina Sofía que achegou 22 toneladas de pasta ou a Xunta de Galicia, que entregou dez toneladas de aceite de girasol”. “Con iso vaise tirando”, afirmou.

A presidenta do Banco de Alimentos asumiu que “isto non dá para moito” e advirte de que “chegará ata mediados de setembro e iso porque había fondo de alimentos”. “Tamén xente de Lugo doou lentellas e azucre e grazas a Pepsi que nos trouxeron dous trailers de refrescos e outro de patacas fritas para os rapaces”, engadiu.

Amadora Núñez apuntou que o banco está “á espera de que o concello de Lugo doe o diñeiro que dixo que ía dar para alimentos”. “Estamos a esperar a que chegue”.

En canto ás familias que atenden, calcula máis de mil nas tres delegacións; a da cidade de Lugo, a da Mariña e a da zona sur en Monforte. Son tamén numerosas, máis de 50, as familias que se atopan illadas pola covid ás que tamén levan os alimentos ás súas casas.

“Nestes momentos moita xente falta, moita xente non pode desprazarse (aos almacéns do Banco de Alimentos) e non puideron vir desde hai dous martes porque hai moita xente illada”, indica Amadora Núñez.

+ posts

ÚLTIMAS

Daniel Irimia deixa o PSOE en Cospeito e pasa ao grupo de non adscritos tras reabrirse a súa causa por presunta violencia de xénero

Daniel Irimia, quen foi voceiro do PSOE en Cospeito, deixou as filas socialistas e...

Vicepresidencia da Deputación

A Vicepresidencia da Deputación pon en marcha a segunda edición da Semana do Patrimonio...

A Deputación pide un pacto contra o transfuguismo blindado por lei

O Pleno da Deputación de Lugo celebrado este martes sacou adiante unha iniciativa para...

Candia trata medidas con AdisLugo para compatibilizar actividades económicas coas ZBE

  A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo unha reunión con representantes de AdisLugo, a...